Nas xornadas de formación que o PP de Pontevedra organiza esta fin de semana en San Simón para alcaldes e voceiros da provincia
Redondela, 3 de xuño de 2016.- O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, explicou que o seu partido é o único que pode falarlle aos electores con feitos e datos positivos, á vez que destacou a capacidade de xestión e de traballo dos responsables políticos do Partido Popular.
“É certo que non somos especialistas en redes sociais, nin en publicidade e márketing, pero somos especialistas en traballar, en xestionar e en garantir a estabilidade de goberno”, incidiu o líder provincial.
Rueda sinalou que os cidadáns reclaman unha política de cercanía, e a política municipal é a manifestación máis evidente de política de proximidade ás persoas e aos seus problemas, por iso, “quixemos centrar os dous actos máis importantes de precampaña, en recoñecer o labor dos nosos representantes locais, a pasada fin de semana en Moraña con concelleiros e hoxe con alcaldes e voceiros”.
Quixo destacar ademais o labor diario dos representantes locais, que son os que teñen unha imaxe máis nítida dos problemas que lles afectan aos veciños.
CUARTO DEPUTADO
Na mesma liña ca o presidente provincial, a candidata do PP por Pontevedra, Ana Pastor puxo en valor a importancia de destacar todo o que se fixo, de todo o traballo que queda por facer.
Ana Pastor considera que Rajoy demostrou que é el o único que defende os intereses de Galicia, e mentres os demais non queren vir a Galicia porque non saben que dicir nin teñen contido para a nosa comunidade nós preferimos camiñar rápido e explicar que non todo vale.
Pastor considera que esta é unha segunda oportunidade, e defendeu a Rajoy como candidato. “El foi o que gañou as eleccións, e os que están pedindo que dea un paso atrás e se aparte quedaron segundos ou terceiros”.
Subliñou a importancia de traballar na próxima campaña, explicando todo o que se fixo e cal é o obxectivo. “Nós non somos de política vacía”, dixo.
“Estou aquí coa convincción da victoria, o que queremos é sacar o cuarto deputado e neso imos a traballar”, engadiu, recordando ademais que o PP sempre gañou as eleccións nesta provincia.
XORNADAS DE FORMACIÓN
Foi na presentación das xornadas de formación de alcaldes e voceiros do Partido Popular que se están a celebrar na Illa de San Simón, na que interviu ademais o alcalde de Redondela, Javier Bas, e a candidata do PP de Pontevedra e ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor.
Nestas xornadas participaron, ademais dos alcaldes e voceiros do PP en Pontevedra, os candidatos ao Congreso e Senado e o Comité de Dirección do PP na provincia.
Como invitada especial acudiu ademais a madrileña, Isabel García Ayuso, que participou nunha mesa de traballo sobre Novas Tecnoloxías. Durante a xornada de mañá o debate será interno, analizando e formulando a estratexia dos populares na provincia de cara ás próximas eleccións.