Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP DE PONTE CALDELAS CULPA A ANDRÉS DÍAZ DA PERDA DA BANDEIRA AZUL

    • A renuncia do Concello a Bandeira Azul non é mais que admitir públicamente a incompetencia e a nula capacidade deste goberno para solucionar os problemas do municipio.
    • Castro: “O verdadeiro problema é a falla de previsión de este goberno que non enviou a oferta de contratación de socorristas o INEM ata o 14 de Xuño, cando a maioria dos concellos de Galicia xa teñen contratados os socorristas, en vez de no mes de Maio como se fixo sempre.”
    • “Con este goberno Ponte Caldelas xa leva perdidos o CIM, a Agrupación de Protección Civil e agora a Bandeira Azul, se tivesen un mínimo de vergoña dimitirían. A primeira praia fluvial con Bandeira Azul e a primeira en perdela pola ineptitude de uns gobernantes mais preocupados polas festas que por traballar polo seu municipio.”

     

    Ponte Caldelas, 8 de Agosto de 2017.- O Partido Popular de Ponte Caldelas culpa a Andrés Díaz da perda da Bandeira Azul de A Calzada.

    A renuncia do Concello a Bandeira Azul non é mais que admitir públicamente a incompetencia e a nula capacidade deste goberno para solucionar os problemas do municipio.

    O Partido Popular xa avisou no mes de Xullo que a falta de previsión do Concello a hora de contratar os socorristas puña en risco a concesión da Bandeira Azul da Praia de A Calzada, a única de España nunha praia fluvial.

    “Agora como de costume Andrés Díaz pretende culpar a outros da sua incompetencia, neste caso a Xunta de Galicia, o certo é que a subvención da Xunta estase tramitando como todolos anos e en todos estes anos sempre se concedeu, en concreto 5.850€ o ano pasado. Se de verdade fose un problema coa subvención da Xunta de Galicia, o que tiña que haber feito Andrés Díaz era contratar os socorristas co plan de emprego da Deputación e utilizar a subvención para outra cousa.”

    “O verdadeiro problema é a falla de previsión de este goberno que non enviou a oferta de contratación de socorristas o INEM ata o 14 de Xuño, cando a maioria dos concellos de Galicia xa teñen contratados os socorristas, en vez de no mes de Maio como se fixo sempre.” Afirmou Ricardo Castro.

    Esta decisión bota por terra o traballo de varios anos do anterior goberno para conseguir esta Bandeira, que puxo a praia fluvial de A Calzada no mapa das mais importantes de España.

    “Con este goberno Ponte Caldelas xa leva perdidos o CIM, a Agrupación de Protección Civil e agora a Bandeira Azul, se tivesen un mínimo de vergoña dimitirían. A primeira praia fluvial con Bandeira Azul e a primeira en perdela pola ineptitude de uns gobernantes mais preocupados polas festas que por traballar polo seu municipio.” Rematou Ricardo Castro