Máis de 60 concelleiros e concelleiras do Condado Paradanta reúnense nun xantar en Ponteareas para celebrar o éxito acadado nas eleccións autonómicas

Pontevedra, 3 de maio de 2024.

Máis de 60 concelleiros e concelleiras do PP do Condado Paradanta reunironse nun xantar hoxe en Ponteareas para celebrar o éxito acadado nas eleccións autonómicas.
Ao xantar asistiron os dirixentes do partido a nivel provincial, Luis López e Luisa Piñeiro, presidente e secretaria xeral do PP de Pontevedra, respectivamente. O presidente provincial agradeceulles o traballo levado a cabo na campaña das eleccións autonómicas onde a comarca acadou moi bos resultados e animounos a traballar arreo nestas vindeiras eleccións europeas.