Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • A falta de xestión do BNG provoca que os veciños de Caritel sigan sen contar cun acceso para vehículos de emerxencias

     O BNG de Lores leva dende o pasado mes de outubro escusándose nuns supostos informes técnicos necesarios para seguir adiante coa moción presentada pola formación que encabeza Jacobo Moreira,

    • Na noite do xoves, un camión de bombeiros non puido acceder a sufocar o lume nunha vivenda abandonada. Os servizos de emerxencias tiveron que esperar á chegada dun vehículo máis pequeno.
    • O PP esixe a Lores seriedade e que atenda dunha vez por todas as denuncias que estes veciños veñen realizando dende hai moitos anos.

     

    Pontevedra 4, agosto, 2017.- Arde unha vivenda abandonada no lugar de Caritel, na parroquia de Lourizán, e o camión de bombeiros non pode acceder para apagar o lume. “Esta é a consecuencia da falta de xestión e abandono ao que ten sometido o Goberno de Lores a estes veciños”, lamentou este venres o portavoz dos populares no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, “hai moito tempo que vimos advertindo desta precaria situación no lugar de Caritel, pero o BNG de Lores fai oídos xordos”, engadiu.

    Na noite do xoves ardeu unha vivenda abandonada no lugar de Caritel que xa fora foco de denuncia do Grupo Popular en outubro do pasado ano 2016. “O camión de bombeiros non puido chegar ata a zona afectada, polo que tiveron que chamar a outro vehículo máis pequeno para poder así sufocar o lume”, desvelou Jacobo Moreira. Dende hai moitos anos, os veciños desta zona están a solicitar ao Concello de Pontevedra un acceso digno para o lugar polo que poidan pasar os distintos vehículos de emerxencia, “pero ata a actualidade o BNG de Lores non feito nada por remediar este problema”, lamentou o portavoz popular.

    En outubro do pasado ano 2016, os populares presentaron unha moción instando ao Goberno do BNG a realizar unha serie de melloras en Caritel, na parroquia de Lourizán, entre as que se atopaba a referida ao estreitamento do camiño que imposibilitaba o acceso de ambulancias ou bombeiros. “Por desgraza ocorreu o que estaba visto que algún día ía ocorrer”, lamentou Jacobo Moreira. “Presentamos esta moción hai dez meses e dende entón o Goberno de Lores apela a uns supostos informes para non seguir adiante con ela”, avanzou o portavoz popular, “cremos necesario que dunha vez por todas os nacionalistas se tomen en serio estas denuncias”.

    Ante esta situación, a formación que encabeza Jacobo Moreira esixe ao BNG de Lores que atenda dunha vez por todas as reclamancións que veñen realizando os veciños de Caritel dende hai moitos anos. “Non teñamos que lamentar consecuencias maiores ás sufridas o pasado xoves”, sentenciou o edil popular.