Salceda de Caselas, 3 maio de 2017.- O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de celebrar o pasado luns 1 de maio a II edición da Romería Popular en torno á carballeira “O Borralliño”, na parroquia de Soutelo.
Esta tradicional festa popular tivo lugar nun enclave único no que os veciños e veciñas puideron desfrutar dunha variada gastronomía.
Ana Pastor, Alfonso Rueda e diferentes responsables populares da comarca e provincia sorprenderon ós presentes coa súa presenza e brindaron o seu apoio ó candidato e voceiro do Partido Popular, Santiago Rodríguez Davila. Ademais o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que nos vindeiros meses recibiremos boas novas para a nosa localidade.
Rodriguez Davila afirmou “síntome moi agradecido ós compañeiros e compañeiras do Comité que me brindaron o seu apoio durante toda a xornada, coa montaxe das mesas, axudando a servir as comidas, recollendo… sen eles todo isto non sería posible, son unha parte fundamental do partido”.
Tamén explicou que “quedan preto de dous anos e medio de moito esforzo e traballo, pero estamos máis ilusionados ca nunca. Namentres os salcedenses comezan a decatarse da pésima xestión do alcalde (que incrementou a débeda nun 280% pasando de 1,5 a máis de 4 millóns de euros), o Grupo Popular está cada día máis preto dos veciños, tratando de atender as súas necesidades e traballando duramente dende a oposición. O Partido volta a crecer e, co apoio de todos e todas, gañaremos as próximas eleccións municipais e así recuperar a xestión local”