Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP ADVIRTE DO PRÓXIMO "DOBRE CATASTRAZO" NO PORRIÑO

    • Os populares piden que se habiliten oficinas nas diferentes parroquias do municipio para informar  e asesorar aos veciños e veciñas da próxima revisión catastral, que afectará principalmente as vivendas do termo municipal e supoñerá un significativo aumento da taxa anual do IBI para abonar
    • Destacan que estes incrementos foron solicitados directamente pola Alcaldía, sen informar diso ao resto dos grupos
    • Lamentan que, mentres noutros Concellos defenden os intereses dos seus veciños, o BNG do Porriño non faga o propio fronte a quen aupou á Alcaldía

     

    O Porriño, 6 de Abril de 2017.- O Grupo Municipal do Partido Popular do Porriño reclamará no próximo pleno ao Concelllo que habilite oficinas, nas diferentes parroquias do municipio, para informar e asesorar aos veciños e veciñas sobre o inminente incremento do IBI.

    Os populares informan á cidadanía de que o próximo mes de outubro levará a cabo a revisión catastral que producirá un incremento considerable dos recibos do IBI. Esta actualización afectará, principalmente, ás vivendas no termo municipal e supoñerá un significativo aumento da taxa anual a abonar.

    Cabe destacar, que este incremento foi solicitado directamente pola Alcaldía, ao Catastro do Ministerio de Facenda,  sen informar previamente o resto dos grupos da corporación, concretamente o pasado mes de maio. Posteriormente, tamén se solicitou a través da Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra, polo que se procederá a unha nova regularización catastral no Concello do Porriño que supoñerá para os veciños un considerable incremento das cotas do IBI.

    Un "dobre catastrazo" que aumentará significativamente a cota anual a pagar e que desde o PP do Porriño consideran un atropelo á cidadanía co único obxectivo de recadar fondos e cun único beneficiario, o Concello, que aumentará os seus ingresos considerablemente á conta do peto dos veciños e veciñas do Porriño.

    Con tal motivo, como xa adiantamos, o grupo municipal do Partido Popular do Porriño reclamará no próximo pleno que se habiliten, nas diferentes parroquias do municipio, Oficinas de asesoramento ao cidadán antes de que estes reciban as cartas procedentes da Dirección Xeral do Catastro.

    Por outra banda, os populares lamentan a pasividade do resto da oposición ante esta cuestión. Aínda que o BNG defendeu esta causa noutros concellos onde son oposición, desconcerta e indigna que os nacionalistas porriñeses non reclamen e defendan os intereses dos veciños do Porriño ante quen eles mesmos auparon á Alcaldía.