Caldas de Reis, 14 de febreiro de 2017.- A secretaria de Organización do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, mantivo esta tarde unha reunión coa Xestora do PP de Caldas de Reis para comunicarlle a data do VII Congreso local que se celebrará o próximo 18 de marzo e no que terán dereito a voto os máis de 360 afiliados do Partido Popular de Caldas de Reis.
A dirección provincial aprobou ademais o Regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do Congreso así como a Comisión Organizadora, que estará presidida por Manuel Bacariza Bustelo, acompañarano Silvia María Fariña García, Carolina Martínez Silva, José Acha Rodríguez e Sara Martínez Salgado. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.
Todos os afiliados do PP de Caldas de Reis que aspiren á presidencia do partido terán que presentar ante a Comisión Organizadora do Congreso un escrito no que declaren a súa intención de ser candidato antes do 27 de febreiro ás 20.00 horas e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.
A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 55 avais, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 16 de marzo.
Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.