Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP propón unha mesa de traballo con representación do Sector do Mar e as institucións que estude a mellor figura para a protección da Illa de Tambo

    • Os populares solicitan «que remate a improvisación» e advirten que «antes de nada hai que saber o que se quere facer e cara onde se quere ir», algo que só sería posible «involucrando a todo o sector»
    • Apoian a busca dunha figura específica para protexer «un legado extraordinario» que conxugue a defensa mediambiental e os intereses do sector do mar.
    •  Afirman que a actitude do bipartito «desprende inseguridade e falta de interese» e reprochan que só se fale do tema cando algún grupo o pon de actualidade: «Non se pode saír cada vez que sacan o tema cunha idea distinta»
    • Rexeita o «pobre intento de explicación» do alcalde sobre os sobrecostes na factura dos folletos do Bosque de Colón a unha empresa de Teo e asegura que o PP «chegará o fondo deste asunto: Sobral pretende tomarnos a todos por tontos»

     

    Poio, 14 de febreiro de 2017. O Partido Popular de Poio propuxo esta mañá a creación dunha mesa de traballo «con representación de todas as administracións interesadas e representantes do sector do mar» para estudar qué figura garantiría unha maior protección e xestión ambiental para a Illa de Tambo.

    O voceiro popular, Ángel Moldes, reprochou a «improvisación e falta de interese» do bipartito neste asunto, e dixo que en asuntos desta relevancia «ahi que saber o que se quere facer e cara onde se quere ir». Na súa opinión, esta visión a longo prazo só é posible «involucrando a todo o sector no futuro de Tambo, xuntando nunha mesa a todas as administracións interesadas; ós representantes do mar, como confrarías e bateeiros, e outros actores» e determinar a mellor modalidade para a protección da illa.

    «O que queremos para Tambo é que futuras xeracións poidan desfrutar deste legado único e extraordinario», explicou Moldes: «e a mellor maneira de asegurarse diso é que todos os interesados estean representados. A peor maneira é a do concello. Non facer nada».

    «Unha vez creada a mesa poderanse sopesar todos os pros e os contras de cada figura», dixo o voceiro popular: «Ante todo hai que buscar unha figura que teña en conta a realidade da pesca e das familias de Poio, considerando as zonas de marisqueo, onde se utilizan nasas e outras artes, onde hai parques de bateas, etc.»

    «Hai que ter esa información antes de decidir que figura se quere promover, e ademais así evitaremos problemas de restriccións para o sector do mar como os que hoxe pode haber, por exemplo, en Ons, con restriccións á pesca, o uso de determinadas artes ou a limitación de capturas. O que queremos é evitar a imaxe de improvisación que desprende o bipartito e poder analizar todo antes de tomar decisións».

    «Non é serio que este sexa un tema do que só se fala cando algún grupo ou colectivo o poña de actualidad. Dá unha imaxe impropia do Concello», reprochou Moldes: «Non ten sentido que veña un colectivo e desvele que o Concello non fixo nada durante moitos anos e se dean unhas explicacións que cada vez son distintas».

    Moldes recordou que xa nunha reunión de todos os grupos coa anterior directiva da Comunidade de Montes “Rega dos Agros” o Partido Popular propuxo pedir un informe ás distintas consellerías (entre as que se atopaba Mar) que explicase as consecuencias para o sector do mar dos distintos modelos de protección pero lamentou que o goberno de Poio neste tema, «como en moitos outros, limítase a ver pasar o tempo e a esperar que lles soluciones os problemas desde fóra»

    O alcalde Sobral «quere tomar o pelo ós veciños» sobre a factura dos folletos

    Moldes aproveitou para reprochar ó alcalde o «pobre intento de explicación» que deu a un medio sobre os pagos a unha empresa de Teo por uns folletos por 5 veces o que custarían en imprentas de Poio.

    O alcalde asegurou onte que o prezo era tan elevado porque incluía unha serie de servizos que non aparecen na factura, ó que Moldes respondeu irónicamente que «a Sobral só lle faltou dicir que con estes folletos tamén sorteaban unha viaxe a Canarias para dous veciños de Poio ou unha motocicleta».

    «Sobral debe pensar que pode tomar por tontos ós veciños. O PP fixo pública a factura da empresa na que pon claramente que os 1.815 € son por impresión e deseño, ¿ou é que agora as imprentas fan traducións e non o poñen na factura?», dixo Moldes. «Ningún presuposto por deseño e impresión deses folletos supera os 350 €. ¿É que acaso a imprenta so puxo na factura a parte máis pequena do que fixo e deixou fora máis de 1.000 €? ¿En qué cabeza cabe?».

    Moldes dixo non estar nada satisfeito coas «inverosímiles escusas de mal pagador que se repiten cada vez que aparecen facturas irregulares» asegurou que o PP vai chegar ata o fondo deste asunto que, «despois do que dixo o alcalde, cheira peor, se cabe, que a semana pasada».