SALOMÉ PEÑA: “O TRIPARTITO TEN PARALIZADOS 432.000 EUROS DE INVESTIMENTOS PARA RIBADUMIA”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • SALOMÉ PEÑA: “O TRIPARTITO TEN PARALIZADOS 432.000 EUROS DE INVESTIMENTOS PARA RIBADUMIA”

    • O Concello de Ribadumia ten paralizados dende hai mais dun ano 432.000€ do Plan Concellos 2016, sen que se houbera executado ningún dos proxectos presentados.

     

    Ribadumia, a 17 de xaneiro de 2017. A Deputación de Pontevedra concedeu ao concello de Ribadumia, ao abeiro do Plan Concellos 2016, 432.000 euros que, en parte,  o goberno tripartito acordou destinar a sete proxectos de obras menores: saneamento en Leiro (31.000€), saneamento en Ribadumia (61.900€), beirarrúas e alumeado en Leiro (50.000€), saneamento en rúa Casal e Bouza (70.000€), alumeado en Ramirón e Puxafeita (20.000€), construción de muros (20.000€) e mantemento de alumeado (64.000€).

    Transcorrido máis de un ano dende que a Institución provincial concedeu esta axuda, seguen sen licitarse nin executarse ningún dos proxectos, pese a que todos eles contan co visto bo da Deputación.

    Os populares non entenden a paralización intencionada que se está a facer dos recursos que se conceden ao concello para a mellora de servizos e infraestruturas municipais, freando o desenvolvemento do municipio. “O alcalde debería explicarlle os veciños de Ribadumia o por que desa paralización”, manifesta Salomé Peña.

    Para a voceira popular, a situación comeza a ser preocupante, xa que ademais de non investir os fondos que entran directamente no concello, como o Plan Concellos, tampouco se coñece ningunha xestión do goberno ante outras administracións para conseguir proxectos para Ribadumia, o que denota unha falta de liderazgo e capacidade do grupo de goberno, que “limitase a entreter os veciños, en vez de xestionar os seus intereses”, conclúe Peña.