Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP local e provincial coinciden na necesidade de celebrar un congreso en Vilaboa

    Alfonso Rueda e José Manuel Cores Tourís mantiveron unha reunión coa executiva local

    • Desde o PP de Vilaboa comprometéronse ademais a comezar reunións periódicas cos afiliados e por parroquias cos veciños.

     

    Pontevedra, 11 de xaneiro de 2017.- O presidente provncial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, e o secretario, José Manuel Cores Tourís, mantiveron unha reunión coa dirección do PP de Vilaboa, na que ambas executivas coincidiron na necesidade de celebrar un congreso Local durante 2017.

    A voceira do PP de Vilaboa, Beatriz Rosendo, pediu ao líder dos populares na provincia que inclúa a Vilaboa na segunda tanda de Congresos a celebrar durante 2017, unha proposta que foi ben recibida por Rueda, que admitiu que xa estaba nos plans da executiva provincial, posto que non se renovou a xunta local desde o 2006. A intención do presidente provincial é celebrar durante este ano, todos aqueles congresos que sexan necesarios e deixar o partido listo de cara á preparar a maquinaria dos populares para as eleccións municipais.

    A visita a Vilaboa enmárcase dentro do calendario de reunións que a dirección provincial retomou despois do Nadal, e nas que están escoitando ás directivas locais co fin de renovar ou reestruturar todas aquelas que sexa necesario.

    Desde o PP de Vilaboa comprometéronse ademais a comezar xuntanzas periódicas cos afiliados e manter reunións por parroquias para visibilizar o traballo que se está facendo na oposición municipal e á vez recoller as inquietudes e suxerencias dos seus veciños.