O PP de Poio presenta unha moción para dotar a PO-308 de lámpadas LED

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio presenta unha moción para dotar a PO-308 de lámpadas LED

    • Instan a reservar unha partida nos orzamentos de 2017 para substituír as actuais bombillas por lámpadas de última xeración coas que esperan aforrar aproximadamente 18.000 € anuais.
    • A estrada coa nova instalación conlevaría importantes vantaxes económicas e ambientais e sería máis segura para peóns e conductores cunha iluminación que podería durar ata 2030.
    • Consideran que o custe do reemprazar as preto de 400 farolas da estrada sería como máximo de 80.000 €, que se recuperaría en apenas 4 anos sen contar os aforros en mantemento.

     

    Poio, 10 de xaneiro de 2017.- O PP de Poio presentou hoxe no rexistro municipal unha moción para substituír a actual iluminación da PO-308 por lámpadas LED, «unha actuación que suporía un importante aforro para as arcas do Concello, unha mellora ambiental e faría a estrada máis segura para peóns e conductores», en palabras da concelleira Rocío Cochón.

    «As luces LED ofrecen unha iluminación de igual ou maior calidade utilizando unha parte da enerxía eléctrica», explicou Cochón, «e teñen unha vida útil moi superior á das bombillas incandescentes que adoitan estar instaladas na iluminación urbana». Outras vantaxes inclúen un tempo de acendido inapreciable e unha iluminación «de mellor calidade e sen parpadexos, algo fundamental en varios puntos da PO-308 que actualmente presentan riscos para peóns e conductores, como xa denunciamos en varias ocasións».

    Segundo estimacións dos populares, a PO-308 conta con ao redor de 400 farolas, co que a un prezo máximo de 200 € instalación das novas luminarias tería un custe de como moito 80.000 €, segundo os populares, «aínda que o prezo debería ser menor se se saca a concurso» e suporía un aforro anual de, como mínimo, 17.500 €, polo que o investimento se recuperaría en menos de 5 anos sen contar o aforro en mantemento.

    A iniciativa popular, que deberá debatirse no pleno ordinario do día 31 de xaneiro, solicita ó pleno incluír no orzamento de 2017 unha partida para esta actuación que dotaría á estrada dunhas lámpadas cunha vida útil de 50.000h (algo máis de 13 anos cun uso normal).

    Cochón dixo esperar contar co apoio do resto dos grupos polo que indicou que, se prospera a moción, a PO-308 terá unha nova iluminación «eficiente, económica, comprometida co medio ambiente e coa seguridade vial ata 2030».