O GRUPO POPULAR PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA A MELLORA DA ZONA COMERCIAL DA TABERNANOVA (SOUTELO)

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O GRUPO POPULAR PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA A MELLORA DA ZONA COMERCIAL DA TABERNANOVA (SOUTELO)

    • Os populares piden ao Alcalde e ao Grupo de Goberno que executen as competencias correspondentes para que, xunto con outras administracións, solucionen a situación actual da zona comercial 
    • A mellora suporía a apertura de novos viais, adecentamento de berirarrúas e o saneamento, entre outros servicios

      

    Salceda de Caselas, 22 de decembro de 2016.- O Partido Popular de Salceda de Caselas, representado polo seu voceiro, Santiago Davila, e polo Concelleiro da parroquia anteriormente mencionada, Joaquín Núñez, ven de presentar por rexistro o pasado 16 de Decembro unha moción para debater no pleno que se celebra hoxe venres -ás 20:00 horas- sobre a situación na que se atopa a zona comercial da Tabernanova Madorro (Soutelo).

    Este lugar, polo cal transcorre a estrada PO-411 Paramos-Salceda de Caselas é, dende fai moitos anos, unha zona comercial de referencia tanto para o noso Concello como para Concellos limítrofes.

    A día de hoxe -e como podemos observar na fotografía- a zona atópase deteriorada e non conta coas infraestruturas precisas para desenrolar a súa actividade comercial.

    Así pois, e coa colaboración da Asociación de Comerciantes da Tabernanova, o Grupo Municipal do Partido Popular pretende que se contemple e proxecte a apertura de novos viais, execución e adecentamento de berirarrúas, saneamento e demáis servizos necesarios para o correcto desenrolo das actividades económicas alí implantadas.

    “Con dita moción pretendemos que a Corporación Municipal se posicione o respeto, e inste a executar as competencias municipais correspondentes para xestionar ante a Xunta de Galicia, Consorcio do Louro e a Deputación de Pontevedra as obras e servizos plantexados” manifesta Santiago Rodríguez Davila, voceiro municipal popular.