O PP RECORDA QUE OS VECIÑOS DE POIO TAMÉN PAGAN A TAXA MÁIS ALTA DA PROVINCIA POLOS VADOS E RECIBEN UN PEOR SERVIZO

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP RECORDA QUE OS VECIÑOS DE POIO TAMÉN PAGAN A TAXA MÁIS ALTA DA PROVINCIA POLOS VADOS E RECIBEN UN PEOR SERVIZO

    • A tarifa polo vado de 4 metros ao ano en Poio é de 65,04 € ao ano, case tres veces o de Pontevedra (24,63) e máis do dobre que en Ponte Caldelas ou Salceda.
    • Como no caso da recollida do lixo, os populares lamentan que esta taxa desorbitada ademais comporta un servizo peor que noutros concellos, posto que despois das 22:00h non hai a quen chamar se alguén aparca sobre o vado.
    • «Non podemos permitir que se trate aos veciños de Poio coma se fosen de segunda categoría, facéndolles pagar máis ca ninguén por peores servizos».

     

    Poio, 15 de decembro de 2016. Días despois de que Cándido Muíños trasladase as reclamacións dos veciños polos prezos abusivos e o mal servizo de recollida de lixo, a voceira do PP de Poio en materia de urbanismo, Rocío Cochón, recordou que non é a única taxa pola que os poienses fixeron chegar as súas denuncias.

    Cochón explicou que durante estes últimos meses varios veciños amosaron tamén a súa preocupación polo elevado prezo e as condicións abusivas por un vado nunha vivenda unifamiliar en Poio: «Cos datos que temos, é o prezo máis alto da provincia», explicou Cochón, que indicou que despois de facer un pequeno estudo dos prezos que aplican outros concellos, «só se pode concluír que os poienses, aquí tamén, estamos sendo obxecto dun abuso».

    Cochón detallou que o custe dun vado para unha vivenda unifamiliar en Poio é de 65,04€ ao ano (16,26 € por metro lineal), mentres que o mesmo servizo na capital provincial é só de 24,63€, case a terceira parte.

    A edil popular repasou o importe desta taxa noutros concellos da provincia que poden atoparse nas respectivas webs municipais e recalcou que “ningún se achega ó que pagamos en Poio”, sendo Ponteareas (45,68 €) e Meis (40 €) ou Baiona (39,68 €) os que máis se aproximan, «pero a unha distancia considerable», recalcou.

    «Ademais, e como no caso do lixo, somos os que máis pagamos por un servizo peor ca o que reciben os demais», indicou Cochón: «Un poiense que pague o triple que en Pontevedra por un vado, se lle aparcan diante despois das 22:00h, ¿a quen chama?», preguntou, explicando que despois desa hora non hai servizo da policía local, o corpo que debe velar polo cumprimento da ordenanza dos vados.

    «Non podemos permitir que se trate aos veciños de Poio coma se fosen de segunda categoría, facéndolles pagar máis ca ninguén por peores servizos», rematou Cochón, que avanzou que próximamente interpelarán a fondo ao goberno tamén sobre este tema.

    O PREZO DA RECOLLIDA DO LIXO POR TRES DÍAS FÓRA DOS NÚCLEOS URBANOS É “UN ABUSO AOS VECIÑOS DO RURAL”

    Asemade, Cochón cualificou ás recentes explicacións de Sobral sobre o prezo da recollida do lixo en Poio como “moi pouco satisfactorias”, xa que intenta distraer do fundamental: A «vergoña» que supón o abuso da recollida en Poio –«o que máis paga da provincia e un dos concellos que máis paga de toda España»- e recalcou que estes prezos abusivos son, sobre todo, un «ataque aos veciños do rural».

    «¿En que cabeza cabe que un veciño do rural de Poio pague máis por 3 días de recollida que en ningún outro sitio da provincia por 6?», preguntou Cochón.

    «Xa é unha vergonza que os veciños de Poio paguemos máis que en ningún outro sitio da provincia», criticou Cochón, «é que un veciño de Cidrás, Vilariño ou Fragamoreira paga os mesmos 122 € que un veciño da Caeira, pero pola Caeira pasa o camión todos os días e polo rural só pasa 3 días».

    «Neste asunto xa non é que aos de Poio se nos trate coma se fósemos de segunda categoría», indicou Cochón, «é que o noso propio Concello dá un trato aos veciños do rural de terceira, ou cuarta».

    CONCELLO VADO DE 4 METROS Ó ANO
    POIO 65,04 € / ano
    VILA DE CRUCES 18,38 €
    A ESTRADA 20,88 €
    SALCEDA DE CASELAS 20,94 €
    PONTEVEDRA 24,63 €
    ARBO 30 €
    ARBO 30 €
    PONTECALDELAS 31,70 €
    SOUTOMAIOR 32,50 €
    TUI 33,36 €
    MONDARIZ 38,80 €
    BAIONA 39,68 €
    MEIS 40 €
    PONTEAREAS 45,68 €