Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O grupo provincial do PP critica que o Bipartito externalice o desbroce cando o Parque de Maquinaria non está funcionando a pleno rendemento

    • Ángel Moldes cuestiona que gasten 170.000 euros cando os recursos propios non se están aproveitando ao máximo.
    • Considera que é un parche puntual, e urxe que poñan a funcionar os tractores provinciais.

     

    Pontevedra, 07 de decembro de 2016.- O grupo provincial do Partido Popular critica que o goberno bipartito da Deputación de Pontevedra externalice as tarefas de limpeza e desbroce das estradas provinciais cando o Parque de Maquinarias non está funcionando a pleno rendemento.

    “Unha cousa é contratar empresas externas para reforzar estas tarefas cando o parque de maquinarias xa está traballando ao cento por cen das súas posibilidades, pero outra ben diferente é recorrer á empresa privada cando os recursos propios non se están aproveitando ao máximo, como é o caso”, critica o voceiro popular Ángel Moldes.

    Nesta liña, recorda que os tractores provinciais non están traballando nin coa intensidade nin coa frecuencia que deberan, e por iso urxe ao Goberno bipartito que primeiro aproveite ao máximo os recursos cos que conta no Parque de Maquinarias provincial e despois valore si é preciso e en que medida reforzar as súas tarefas coa empresa privada.

    Para Ángel Moldes, desde que o bipartito está gobernando a Deputación de Pontevedra “hai unha clara desidia e desinterese” polas estradas provinciais, “e mostra disto é que o estado é alarmante na maior parte delas”. Recorda, ademais, que os deputados populares reclamaron en varias ocasións, e en diferentes comarcas, que “as estradas provinciais nunca estiveron tan pouco atendidas”.

    Agora, sinala, “lonxe de buscar unha solución a longo prazo e apostar por un plan para garantir o mantemento das estradas durante todo o ano, poñendo a traballar a todos os tractores provinciais, o que fan é apostar por unha actuación puntual”.