Nidia Arévalo agradeceu ao presidente nacional do PP a súa asistencia ao acto, o respaldo e o apoio recibido: “Sempre dixeches si a Mos”
NIDIA ARÉVALO COMPROMEUSE A SEGUIR TRANSFORMANDO, MELLORANDO E MODERNIZANDO MOS
Nidia Arévalo quixo agradecer a Alberto Núñez Feijóo a súa asistencia a este acto: “Grazas polo teu respaldo e polo apoio recibido, porque sempre dixeches si a Mos”
A actual alcaldesa e candidata aludiu durante a súa intervención á transformación experimentada no municipio desde a súa chegada á alcaldía: “Antes, Mos era un municipio case descoñecido, un anaco de autovía que daba servizo a Vigo, unha entrada pola que pasar. Agora, Mos conta con grandes proxectos que sitúan a este municipio de 15.000 habitantes ao mesmo nivel que outras grandes urbes pola magnitude das iniciativas, tanto públicas como privadas, que atrae”
Sobre estas novas infraestruturas e a conversión de Mos nun “territorio de oportunidades”, Arévalo resaltou o recentemente presentado proxecto socio-sanitario de O Rebullón, que “pon a Mos na vangarda” neste eido, e Galicia Sport 360, do RC Celta, que converterá este municipio nun “referente internacional”, dando continuidade á Cidade Deportiva Afoutez e xerando 200 novos postos de traballo
A candidata á alcaldía referiuse tamén á vivenda protexida proxectada desde o Concello, ás humanizacións de diferentes parroquias, aos servizos ás familias, á atención aos nenos e maiores, así como ao seu compromiso e defensa cos dereitos das mulleres
Arévalo comprometeuse a “seguir transformando, mellorando e modernizando Mos”, así como a “seguir reclamando onde faga falta o que Mos e os seus veciños necesitan e merecen” e “denunciar as inxustizas e esquecementos do Goberno central con Mos”; referíndose especificamente á necesaria solución para a alta sinistralidade da A-55, considerada “a estrada máis perigosa de España”
O Mos entre todos que propón a candidata como lema significa “seguir una folla de ruta nos vindeiros anos”, pero sen esquecer o pasado: “Miro cara atrás e xa son 15 anos de alcaldesa. Iso só me da máis solidez, máis forza e máis confianza para seguir traballando”