Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP pide máis medios e axentes da Garda Civil nas zonas rurais ante o aumento dos robos

    • Sinalan que non se están cubrindo as xubilacións nin as prazas dos axentes que están en situación de prestación de servicio noutras unidades.
    • Explican que a redución de efectivos, coincidindo cun incremento da criminalidade, xerou un aumento de inseguridade e preocupación entre os veciños e veciñas dos municipios afectados.

     

    26, xaneiro, 20232. O Partido Popular reclama máis medios e axentes da Garda Civil nas zonas rurais da provincia, para reducir así a taxa de criminalidade e roubos. Será a través dunha moción que se debaterá mañá no pleno da Deputación de Pontevedra, a través da que se insta ao Goberno central que reforce e dote de máis medios e efectivos de gardas civís nos cuarteis, garantindo unha maior presenza e frecuencia de patrullas de seguridade cidadá.

    Desde o PP sinalan que os primeiros nove meses do ano 2022, segundo datos oficiais da Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, a provincia de Pontevedra sufriu un incremento dun 20,4% de infraccións penais con respecto ao mesmo período do ano anterior. Concretamente, a substracción de vehículos (+54,1%), os furtos (+50,2), os roubos con violencia (+40%), os roubos con forza en domicilios, establecementos e outras instalacións (+33%), foron as infraccións penais con maior grao de crecemento, tendo todas elas un denominador común coincidente e que está a xerar un incremento de inseguridade e alarma cidadá.

    Este aumento de roubos e furtos en domicilios e establecementos viuse especialmente incrementado nos municipios de Pontecaldelas, A Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade, pero tamén noutros concellos. Ademais, explican que de xeito global na provincia, os cuarteis da Garda Civil dos concellos rurais están sufrindo unha merma dos seus recursos técnicos e humanos nos últimos anos, xa que non se están cubrindo as xubilacións e tampouco as prazas dos axentes que están en situación de prestación de servicio  noutras unidades.

    Esta situación de redución de efectivos da Garda Civil, coincidindo cun incremento da criminalidade, especialmente dos roubos e violacións de morada, xerou un aumento de inseguridade e preocupación entre os veciños e veciñas dos municipios afectados. É máis, os populares apuntan que no último trimestre de 2022 esta situación non mellorou, e por iso reclaman ao Goberno que tomen medidas e as apliquen de xeito eficaz.