Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Luis López enxalza o proxecto do PP para Portas, “para outorgarlle máis dinamismo, vida e sinerxia socioeconómica”

    • Ricardo Martínez entende que o éxito dos populares reside “na unidade, no compañeirismo e na integración de ideas e persoas”.

     

    26, novembro, 2022. O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, pon en valor “o traballo, a unidade e a exemplaridade coa que estamos a traballar todos os milleiros de militantes do Partido Popular da provincia”, e puxo como exemplos os congresos que se están desenvolvendo en diferentes xuntas locais desde o mes de setembro.

    Foi durante a celebración esta tarde do congreso local do PP de Portas, no que Ricardo Martínez foi elixido presidente local do partido. López agradeceu o traballo de Ricardo ao fronte do concello estes anos: “Ricardo conseguiu a maioría absoluta, gobernou con moita eficiencia este concello e mantivo un partido unido e forte”, e tamén enxalzou o proxecto dos populares para Portas, que pasa “por outorgarlle moito máis dinamismo, vida e sinerxia socioeconómica, e aí está o gran traballo desenvolvido, por exemplo, en torno á Azucreira de Portas, convertida e recoñecida como unha icona de eventos de todo tipo”.

    Por iso, engadiu, Ricardo merece nas eleccións de maio un “respaldo sen paliativos” nas urnas, “para el e para o seu gran equipo, moita xente que empuxa e axuda, que fuxe de protagonismos, que colabora e traballa, que fai un labor xordo pero imprescindible”.

    Sobre o novo presidente local do partido, subliñou que “non é un alcalde ao uso, el entende a Alcaldía como un posto no que hai que poñerse á absoluta disposición dos veciños. Non coñezo ningún alcalde da provincia que cando non hai condutor de camión do lixo, se poña ao volante como fai Ricardo, que cave unha zanxa, cambie un punto de luz ou faga calquera outra cousa sempre que sexa para os veciños”.

    Tamén resaltou os grandes investimentos e avances conseguidos en Portas nestes últimos anos. “E Ricardo xa traballa para que, nos vindeiros meses, veñan máis investimentos, moitos deles xestionados coa Xunta, por valor dun millón e medio de euros”.

    Pola súa parte, o presidente electo amosouse “satisfeito por chegar ata aquí cos deberes cumpridos e con ilusión para seguir traballando e facendo que o noso pobo avance”. Entende que o éxito do PP de Portas reside “na unidade, no compañeirismo e na integración de ideas e persoas”. Martínez fixo balance da súa labor no concello, “dando respostas positivas aos veciños nos momentos máis difíciles, sendo pioneiros en medidas municipais para dar axuda ás persoas que máis o necesitaban; defendendo os intereses dos nosos veciños de forma permanente, evitando por exemplo, o peche da oficina de Abanca como si aconteceu noutros concellos; e conseguindo grandes avances en materia social, medio ambiental, deportiva, cultural... E froito do esforzo común, ademais, Portas é un deses concellos que dispoñen de PXOM que nos permite medrar e nos dá garantías xurídicas para poder construír e afrontar retos de futuro”.

    Con respecto ao novo equipo, destacou que “das 10 persoas que eramos ata agora na executiva local, damos paso a un equipo de case 30 membros, ao que se incorporan máis mulleres, máis mocidade e non deixamos de combinar e agradecer a experiencia  daqueles que nos precederon e dos novos que se incorporan agora”.