Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Fernando Pérez será o candidato do PP á alcaldía de Caldas de Reis

    • Preséntanse como a alternativa real a un goberno “esgotado, dividido e sen proxecto”.
    • Luis López sinala que “as sensacións que nos trasladan os cidadáns indícanos que desta vai haber cambio e que vai haber un apoio claro e rotundo para que poidamos activar a un concello que o pide a berros”.

     

    25, novembro, 2022. Fernando Pérez será o candidato do Partido Popular á alcaldía da Caldas de Reis nas eleccións municipais de maio. O presidente local, arroupado polo presidente provincial, Luis López, e a secretaria xeral do partido, Luisa Piñeiro, anunciou esta tarde a súa candidatura ante membros da xunta local do PP.

    Pérez, que foi elixido presidente local do partido hai dous meses, subliña que conta con todos, “cada unha das persoas que formamos o Partido Popular somos esenciais para que en maio haxa un Goberno con ideas, con forza, con futuro e cun proxecto serio para Caldas de Reis”. Di que o primeiro paso para o cambio deuse coa celebración do congreso local, “do que o partido saíu reforzado e unido para iniciar este camiño”.

    Amosa o seu agradecemento “pola confianza do partido e por darme a oportunidade de traballar polo meu concello e polos meus veciños”. Recoñece que o único que o move “é o interese do meu pobo. Nacín en Caldas, aquí me criei, aquí traballo e aspiro a que os nosos fillos e as novas xeracións teñan oportunidades para poder seguir vivindo aquí”.

    Para iso, engade, é fundamental que en maio se produza un cambio a un goberno “esgotado, dividido e sen proxecto”, e di que esa alternativa só a garante o Partido Popular. O resto, engade, é continuar como ata o de agora. Censura que a única aspiración do BNG para este concello é que non goberne o Partido Popular. “Polo tanto, é momento de cambiar o rumbo. E o único partido que pode facelo é o Partido Popular, somos os únicos capaces de cambiar este rumbo”.

    Pon en valor que neste mandato, a pesar de non ser Goberno, o PP pelexou “por proxectos importantes para Caldas, e así fomos quen, nós sos, de desbloquealos”, e destaca, entre outros moitos, investimentos fundamentais en saneamento, na ampliación do instituto, no novo centro de saúde ou na posta en marcha da tan demandada concentración parcelaria de Bemil. “Todo isto coas limitacións que temos na oposición, si gobernamos a partir de maio imaxinade todo o que podemos facer para conseguir infraestruturas e equipamentos para o noso concello”.

    Pola súa parte, Luis López destaca que “Fernando é un profesional reputado, unha persoa seria, que atende aos veciños, que sempre está preocupado de todo o que acontece en Caldas e que sempre está insistindo para que se invista no municipio e se mellore a calidade de vida e os servizos dos cidadáns”. E para liderar o cambio de Caldas, “conta cun equipo unido e un proxecto definido e consistente”.

    Sinala que nas derradeiras municipais “o PP configurouse como alternativa, con 5 concelleiros, a dous da maioría absoluta, e nas autonómicas de 2020 confirmouse a confianza que espertamos nos veciños de Caldas, xa que obtivemos o 52% dos votos, un dos mellores resultados do PP na provincia, e os socialistas descenderon ata ser a terceira forza, un dato que cremos que reflicte perfectamente o fartazgo coa súa xestión”. Nesta liña, apunta que “as sensacións que nos trasladan os cidadáns e o traballo que están a facer Fernando e o seu equipo indícanos que desta vai, que vai haber cambio e que vai haber un apoio claro e rotundo para que poidamos activar a un concello que o pide a berros”.

    Di que Caldas de Reis e os seus veciños non merecen o declive dun Goberno local máis centrado en resolver cuestións internas, “que non benefician aos veciños que en resolver. Temos un Goberno socialista moi desgastado e, o que é máis grave, desgañado, como se Caldas non importase”. E fronte a isto, sinala “algúns exemplos claros” que demostran a aposta millonaria da Xunta por Caldas: a oficina comarcal, a próxima ampliación do instituto, o interese no novo centro de saúde, a aposta turística polo Camiño que tanta sinerxia socieconómica xera en Caldas, as parcelarias e as pistas, os obradoiros de emprego, ou o saneamento e os aparcadoiros, tal e como figura nos orzamentos da Xunta “malia ser senllas competencias municipais. E hai que dicir, porque é de xustiza, que Fernando e o PP teñen moito que ver con elo”.