Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.
Cubela: “Non podemos apoiar unhas contas nefastas, que non teñen en conta a grave situación económica que afecta a familias, empresas e concellos”
“Votamos en contra dun orzamentos que consideramos decepcionantes. Nuns orzamentos de expansión van deixar atrás aos concellos pequenos e mediamos. E deixando atrás aos concellos, deixan tamén atrás aos seus veciños”.
“Non podemos apoiar unhas contas que son nefastas, que están feitas sen ter en conta a grave situación económica que afecta a familias, empresas e concellos. Unhas contas feitas de costas a todos, sen consenso e sen diálogo”.
“Para 2023 a Deputación conta con 11 millóns de euros extras. 11 millóns de euros máis que este ano. Importantes recursos que van a ir destinado para todo, menos para os pequenos e medianos concellos da provincia”.
“As reclamacións dos alcaldes e alcaldesas non son un capricho. Son unha necesidade ante unha situación moi complicada e que debería ter unha resposta da administración competente, que é a Deputación de Pontevedra”.
“Simplemente dixemos que aumentar os fondos para os concellos permitiría reforzar servizos básicos. Somos os primeiros aos que petan os veciños en busca de solucións aos problemas. E somos os primeiros en ofrecela”.
“Están moi preocupados sempre de deixar para o final da intervención ao PP e o que fai a Xunta. Aquí estamos nunha administración que é local. A Xunta de Galicia foi votada por unha contundente maioría absoluta nas eleccións de xullo de 2020. Tanto falar do Goberno galego debería valerlles para mirarse no espello en moitas cousas”.
“Quen presenta alegacións aos orzamentos son os traballadores, os sindicatos e o Colexio de Secretarios e Interventores, algo que non é menor e co que debería reflexionar. E tamén se esqueceu López Font de incluír nese balance tan triunfalista a sentenza do Supremo sobre os falsos bolseiros do Revitaliza”.