Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Ricardo Martínez e Santiago Rodríguez, candidatos únicos a presidir o PP de Portas e de Salceda de Caselas

    10, novembro, 2022. O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, e o voceiro de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez, son os únicos candidatos para presidir as súas respectivas xuntas locais, cuxos congresos se celebran o sábado 26 e o domingo 27 de novembro, respectivamente.

    Así o ratificaron as Comisións Organizadoras dos Congresos, unha vez rematado o prazo para que os afiliados interesados presentasen as súas candidaturas e os apoios mínimos que marca o regulamento do cónclave.

    No caso de Portas, a COC está integrada por Víctor Estévez Casal, como presidente, Alfonso Vázquez Reboredo e Ana María Peña Maquieira, que validaron a candidatura única de Ricardo Martínez tras cuadriplicar o número mínimo de avais esixidos.

    Con respecto a Salceda de Caselas, a comisión está formada por Joaquín Núñez Troncoso, como presidente da comisión, da que tamén forman parte Vanessa Rocha Núñez e Ana Cristina Pérez Cabaleiro. E tamén confirmaron a candidatura única de Santiago Rodríguez tras superar os 120 apoios, moi superior ás sinaturas mínimas necesarias.

    A partir de agora, os candidatos iniciarán unha campaña interna, mantendo reunións cos afiliados para explicar o seu programa para presidir a xunta local e presentar os seus equipos.