Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Carlos Rodríguez Vicente será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Rosal

    • Luis López sinala que “é un gran candidato, co equipo máis preparado e o mellor proxecto” para que este concello volva a pensar en grande.

     

    08, novembro, 2022. Carlos Rodríguez Vicente será o candidato do Partido Popular á alcaldía do Rosal nas municipais de maio. Así o decidiu a xunta local por unanimidade, decisión que trasladaron ao presidente provincial, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro, na reunión que mantiveron onte pola noite na nova sede local, á que asistiron o deputado autonómico Moisés Rodríguez, o voceiro da Guarda, Roberto Álvarez, e a presidenta da xestora de Tomiño, Lara Meneses.

    Carlos Rodríguez amosou o seu agradecemento pola confianza tanto dos militantes e dos afiliados do Rosal, como da dirección provincial do partido, e amosouse convencido de que “somos a alternativa seria e fiable que necesita O Rosal”. Aposta por seguir traballando cara a cara cos veciños, na rúa, falando, escoitando e atendendo as súas preocupacións e inquedanzas. “É momento de recuperar a confianza dos nosos veciños, estes catro anos foron nefastos para o avance do noso concello, deixamos de ser un referente e tomar as nosas propias decisións para converternos nunha marioneta da alcaldesa de Tomiño, e por iso non podemos perder máis tempo nin máis oportunidades. Este concello necesita un impulso, O Rosal ten un gran potencial que non se está aproveitando e nós somos a opción fiable para conseguilo”.

    Luis López subliñou que “Carlos é un gran candidato, cunha gran capacidade de traballo e moita ilusión”, e puxo como exemplo o traballo que leva facendo nestes dez meses, desde que asumiu a presidencia da xestora do Rosal. “Unha labor importante, a pé de rúa, escoitando e atendendo aos veciños. É o mellor candidato, pero con el tamén ten o equipo máis preparado e o mellor proxecto para que este concello volva a pensar en grande”. Recorda que “é fundamental escoitar á xente en cada aldea, porque así vai saír un proxecto real para O Rosal, co que os veciños se van sentir plenamente representados”.

    Carlos Rodríguez ten 29 anos e é veciño do Rosal. É xogador e adestrador de balonmán, e está rematando estudos en Dereito. Presidente da xestora do PP do Rosal desde xaneiro.