Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O CATASTRAZO E A LIÑA DE ALTA TENSIÓN ESTIVERON NA AXENDA DO VOCEIRO POPULAR NO CONGRESO DOS DEPUTADOS

    • “O NOSO COMPROMISO CA MODIFICACIÓN DA LEI CATASTRAL PARA EVITAR O CATASTRAZO É TOTAL E PERMANENTE NA SITUACIÓN ACTUAL”.
    • “A ENMENDA POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA CAMBIAR A NORMA, FOI O QUE ME LEVOU A DESPRAZARME ATA MADRID PARA INTERESARME DE COMO ESTÁ A TRAMITACIÓN”.
    • “OS SALCEDENSES SABEN QUE PODEN CONTAR CON NÓS EN ASUNTOS QUE LLE AFECTA DE CHEO NAS SÚAS ECONOMÍAS COMO É O CATASTRAZO”.
    • “A LIÑA DE ALTA PENSIÓN QUE CRUZA O CASCO URBÁN DE A ESFARRAPADA E QUE PASA O CARÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS UNIFAMILIARES, É OUTRA DAS ENMENDAS QUE PRESENTAMOS E DEMANDAMOS QUE SE TEÑA A BEN ATENDER”.
    • “AS REUNIÓNS DE TRABALLO MANTIDAS CON ELOY SÚAREZ, JAIME DE OLANO, GABRIEL ELORRIAGA, ANA PASTOR, JAVIER BAS, DIEGO GAGO E JUAN CONSTENLA, FORON ACLARADORAS E PRODUCTIVAS EN CANTO A TRAMITACIÓN E O PROCEDER NAS DIFERENTES COMISIÓNS ONDE SE VAN TRATAR ESTAS DUAS DEMANDAS FEITAS POLO NOSO GRUPO”.
    • “OS DEPUTADOS POPULARES DE PONTEVEDRA, ESTANSE A APLICAR A FONDO PARA TENTAR QUE O GOBERNO ATENDA A ESTAS DUAS PETICIÓNS SENSATAS, REALISTAS E URXENTES PARA OS SALCEDENSES”.

     

    Salceda de Caselas, 5 de novembro de 2022. O voceiro Popular, Santiago Rodríguez Davila, ven de desprazarse ata o Congreso dos Deputados en Madrid, para coñecer de primeira man a tramitación e a situación a día de hoxe das duas enmendas presentados polo Grupo Popular no Congreso a petición do Grupo Popular no Concello de Salceda de Caselas, relativas a modificación do Real Decreto Legislativo 1/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba a Ley del Catastro Inmobiliario, así como o estudo de soterramento da Liña de Alta Tensión o seu paso polo casco urbán de Salceda de Caselas.  Estas duas enmendas, xa foran presentadas o ano pasado os orzamentos deste ano 2022, e tiveran a visita por aquel entón, dos Deputados pontevedreses o municipio salcedense, visitando o lugar por onde cruza a liña eléctrica e dando unha rolda de prensa sobre estas duas cuestións. Este ano, foi o voceiro popular quen se desprazou  a capital de España, para saber e coñecer de primeira man como é o proceder, quenes presiden e están nas diferentes comisións e sobre todo, para tentar convencer da necesidade de atender e executar estas duas peticións que o seu entender, son xustas, necesarias e que atenden a un interese xeral dos veciños salcedenses. Por todo elo manifesta que:

    • Foi un día intenso de reunións de traballo, onde Salceda estivo durante o día presente no Congreso dos Deputados e que valeu para falar de duas necesidades que temos como pobo. Quixen coñecer de primeira man como está a tramitación, quenes presiden e quenes están nas diferentes comisións onde se van tratar, para persuadir na necesidade de que se atendan e se leven a cabo”.
    • A reunión con Ana Pastor, Javier Bas, Diego Gago e Juan Constenla, deputados pontevedreses, foi moi aclaratoria o respeto da situación e tempos na tramitación, así como o coñecemento do articulado e desenrolo das diferentes comisións. Agradézolles a todos eles, o recibimento, as explicacións e o compromiso de pelexar ante o goberno para que teña a ben atender estas duas enmendas o orzamento.
    • Queremos que se modifique a Ley del Catastro Inmobiliario, en concreto no punto 2 do artigo 7, para deixar fora de tributación os inmobles (terrenos-parcelas) que non poidan ser considerados urbanizables polas diferentes afeccións, como poden ser ríos, regatos, desniveis do terreno, líñas eléctricas, sen servizos básicos etc., en planeamentos urbanísticos con unha antigüedade de máis de 20 anos, como é o caso do noso Concello.”.
    • Os veciños non poden pagar por fincas-parcelas que sabemos todos que nunca podrán construir nin urbanizar sobre elas, pola sua situación, tanto de ubicación das mesmas, como pola inviabilidade de desarrollar esa zona do territorio polas afeccións que teñen”.
    • Seguimos decindo que o Catastrazo foi e é unha inxustiza cos nosos veciños, (con nós). Cando comenzou ala polos inicios do ano 2021, comprometémonos a chegar onde fose preciso para tentar axudar os nosos veciños, a tentar remediar e porlle solución a unha inxustiza, e a iso seguimos adicando tempo e esforzos para conseguilo”.
    • Os compañeiro no Congreso, Eloy Suárez, (presidente da Comisión de Hacienda), Gabriel Elorriaga, (portavoz de Hacienda) e Jaime de Olano (coordinador de economía), respaldaron a nosa petición de modificación da Ley Catastral para este suposto concreto, polo que temos a sorte de contar con voces no Congreso que van defender os veciños salcedenses ante esta inxusta situación que provocou e segue a provocar o Catastrazo nas economías das familias salcedenses”.
    • “Non menos importante é a petición de estudo de soterramento da Liña de Alta Tensión que cruza o casco urbán da Esfarrapada. A vista está de todos, a altura e a distancia que pasa dos edificios e das vivendas, así como da beirarrúa que pasa baixo ela”.
    • “O exemplo máis contundente do que significa o campo magnético que se produce baixo esa Liña de Alta Tensión, son as árbores que están xusto de baixo e que non medran, en cambio as máis alonxadas, si o fan”.
    • “Os seis concelleiros populares que representamos os veciños no Pleno Municipal, estamos satisfeitos polo traballo feito en estas duas cuestións, xa que presentamos propostas alternativas no pleno, recursos, petición de plenos extraordinarios e agora, un ano máis, seguimos insistindo a través destas duas enmendas o orzamento do estado, chegando presencialmente o Congreso dos Deputados para dar voz e que coñezan os problemas de Salceda de Caselas en Madrid”.