RIBADUMIA PERDE DÚAS SUBVENCIÓNS MÁIS, POR NON PRESENTARSE Á CONVOCATORIA

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • RIBADUMIA PERDE DÚAS SUBVENCIÓNS MÁIS, POR NON PRESENTARSE Á CONVOCATORIA

    • O Goberno tripartito de Ribadumia non solicitou nin o Plan Hurbe da Xunta de Galicia, nin o Plan para Sinalización do patrimonio histórico dos concellos da Deputación de Pontevedra.
    • Salomé Peña cuantifica en 300.000€ as axudas que Ribadumia deixou de percibir.

     

    Ribadumia, 8 de novembro de 2016. O Partido Popular de Ribadumia denuncia que o Goberno tripartito de Ribadumia perdeu dúas axudas para a mellora das infraestruturas do concello, ao non presentarse ás convocatorias do Plan Hurbe da Xunta de Galicia, nin do Plan de sinalización do Patrimonio, convocado pola Deputación de Pontevedra.

    O “Plan Hurbe” da Xunta de Galicia é unha orde dotada con 6,6M€ destinados a pequenos e medianos concellos, e través dos cales se financia a humanización de rúas, mellora de equipamentos e urbanización de espazos públicos.

    Pola súa banda o “plan de sinalización do patrimonio histórico” convocada pola Deputación de Pontevedra, é unha liña de axudas a  concellos da provincia, dotada con 200.000€, a través do cal finánciase a instalación ou substitución de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos concellos, tales como conxuntos urbanos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os sitios naturais, xardíns e parques.

    Xa no mes de outubro, o concello de Ribadumia foi o único da comarca do Salnés que non recibiu axuda con cargo á liña de “rehabilitación do patrimonio histórico dos concellos” convocado pola Deputación, xa que tampouco presentou solicitude.

    Para o Partido Popular esta é unha proba máis de que o tripartito está mal funcionando, con compartimentos estancos, nos que a información que xestiona cada partido dos que conforma o goberno non se comparte co resto dos socios, o que dá lugar a que uns polos outros, as axudas queden sen solicitar.

    Atendendo ás axudas percibidas por concellos similares, a voceira dos populares, Salomé Peña, cuantificou as axudas que Ribadumia deixou de recibir en 300.000€, sinalando como máximo responsable desta falta de coordinación  ao alcalde, David Castro, a quen lle insta, unha vez máis, a coller as rendas do tripartito que conforma o goberno, xa que a situación actual estalle a custar moi caro aos veciños de Ribadumia.