Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Agustín Reguera optará á reelección á Alcaldía de Soutomaior

    • Luis López reuniuse con representantes da xunta local, que amosou o seu apoio unánime ao candidato.

     

    3, novembro, 2022. Agustín Reguera optará á reelección á alcaldía de Soutomaior nas municipais de maio. Así o anunciou este mediodía o candidato, nun encontro con varios representantes da xunta local, ao que asistiu o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

    Reguera, que é alcalde desde 1995, e desde entón sumou seis maiorías absolutas, agradece todo o apoio e a confianza dos seus compañeiros e dos veciños de Soutomaior, e amosouse “ilusionado como o primeiro día para seguir traballando por e para os meus veciños”. Nesta liña, comprometeuse a “continuar a pé de rúa e totalmente pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía, para seguir acertando con políticas e servizos que melloren a súa calidade de vida. Ofrezo traballo, proximidade e o meu compromiso para seguir facendo de Soutomaior un gran concello para vivir”. Dixo que “temos proxectos importantes, un equipo unido, xente con experiencia e tamén novas incorporacións”.  

    Nesta liña tamén se pronunciou o presidente provincial, Luis López, que recordou que a transformación de Soutomaior nos últimos anos “é incuestionable”, e puxo en valor que a xente está trasladándose doutros municipios a Soutomaior “porque elixen vivir aquí polos seus servizos e pola súa calidade de vida”. Polo tanto, continuou, “cando as cousas e os Gobernos funcionan, o máis sensato é non cambialas”. Nesta liña, sinalou que “as dificultades poñen de relieve que é importante contar con Gobernos estables e comprometidos como o de Agustín en Soutomaior. É unha garantía de crecemento e estabilidade”.