Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Sabela Fole será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Cambados

    • Luis López participou esta tarde nunha xuntanza coa xunta local do partido, que tomou a decisión por unanimidade.
    • Agradecen o traballo “incansable” de Luis Aragunde, tanto no concello como no partido.

     

    27, outubro, 2022. A concelleira Sabela Fole será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Cambados nas eleccións municipais de maio. Así o anunciaron esta tarde, tras unha xuntanza do presidente provincial, Luis López, con membros da executiva local do partido, que tomou a decisión por unanimidade. Sabela Fole asume así o liderazgo da formación, unha vez que o actual presidente local e ex alcalde, Luis Aragunde, tomou a decisión de dar un paso ao lado.

    Luis López subliñou que “Sabela é unha excelente candidata, cunha gran capacidade de traballo, e contará cun gran equipo detrás, e reúne todos os requisitos para ser unha gran alcaldesa para Cambados e conseguir grandes cousas para este concello”. Dixo que "o cambio está ás portas de Cambados" e amosouse convencido de que en maio haberá unha maioría absoluta que permita a Sabela Fole traballar desde o minuto un".

    Ademais, López tamén tivo unhas palabras para Luis Aragunde, a quen lle agradeceu o seu compromiso, disposición e traballo “incansables” con Cambados e co Partido Popular durante todos estes anos. Así, puxo en valor "a unidade do partido" e a "transición modélica", e recordou que "absolutamente todos" son necesarios para conseguir os resultados.

    Sabela Fola agradeceu todo o apoio recibido pola agrupación local e amosouse "moi ilusionada" para afrontar este novo reto. Di que "xuntos conseguiremos grandes cousas para Cambados. Está nun letargo desde hai oito anos. Nós temos un proxecto sólido e estamos traballando nun equipo que nos permitirá Gobernar con garantías e recuperar o liderazgo que tiñamos".

    Tamén Luis Aragunde fixo referencia á que "Cambados era unha referencia na comarca, e agora estamos á cola en moitos aspectos". Sobre a candidata, dixo que "cumple con todos os requisitos ampliamente" e amosou a súa confianza "nela e na súa capacidade para gañar as eleccións e ser unha gran alcaldesa".

    Por último, anunciou que continuará na corporación municipal ata o final do mandato, pero Sabela Fole será a voceira do grupo.

    PERFIL DA CANDIDATA

    Isabel Fole ten 45 anos, é avogada e ten o seu despacho en Cambados. A súa primeira incursión na política foi en 2019, como número 2 da candidatura de Luis Aragunde. Desde entón, o traballo intenso na labor de fiscalización co grupo municipal permitiulle coñecer de preto o funcionamento do concello.