Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Rojo pide explicacións ao Goberno central por deixar fóra dos orzamentos o Paseo a Marín

    • A popular solicita no Senado que corrixan o documento e inclúan unha partida para a segunda fase do proxecto.

                               

    24, outubro, 22.- A senadora do PP, Pilar Rojo, pediu explicacións ao Goberno no Senado por deixar fóra do proxecto de Orzamentos Xerais para o ano 2023 a segunda fase do Paseo marítimo entre Pontevedra e Marín. Lamenta que é “unha decisión incomprensible e nefasta, que confirma o nulo interese dos socialistas por este proxecto”.

    Rojo quere que aclaren, dunha vez por todas, si apostan ou non pola continuidade deste paseo. A popular pon en cuestión que así sexa, xa que “todos os sinais indican xustamente o contrario”. Así, fai referencia a que na primeira fase do proxecto, os veciños de Pontevedra e Marín estiveron esperando preto de ano e medio por unha obra que resultou ser unha auténtica chapuza, na súa execución, xestión e tramitación por parte do Goberno central. Un paseo que, recorda, abriuse á cidadanía meses despois de estar concluído, unha situación insostible que provocou multitude de queixas entre os usuarios porque aínda estaba pechado para o público pero o paseo xa presentaba evidentes signos de deterioro e abandono.

    E agora, “cando todos dábamos por feito que a segunda parte do Paseo íase acometer o ano próximo, o Goberno central volve a sorprendernos ao eliminar do documento o proxecto. Os orzamentos máis expansivos da historia, que conxelan os investimentos en Galicia e na provincia e que, ademais, eliminan un proxecto que xa estaba comprometido”.

    Por iso, Rojo reclama que o Goberno central corrixa os orzamentos e inclúa unha partida para a segunda fase do proxecto. “Non pode seguir acumulando máis atrasos, non podemos esperar outro ano por un proxecto que debería estar xa rematado”.