Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Cubela: “Continúen xogando a confrontar contra o PP e a Xunta mentres os alcaldes intentamos manter servizos básicos e defender aos nosos veciños”

    22, outubro, 22.- “Continúen xogando desde a Deputación a confrontar contra o PP e contra a Xunta, mentres os alcaldes e alcaldesas están intentando xogar a manter os servizos municipais básicos, as súas competencias e defender aos seus veciños. Porque si esperan polo PSOE de Vigo e o BNG de Pontevedra están todos aviados”.

    “Queremos que os concellos conten con máis fondos e poidan así seguir prestando servizos aos veciños. Con esta crise económica e unha inflación tan alta, a prestación de servizos básicos van estar en xogo. E a Deputación segue sen tomarnos en serio. Por iso presentamos unha emenda de devolución, non de substitución. Estes orzamentos non hai por onde collelos. Uns orzamentos insolidarios, que deixan aos concellos ás portas de non poder pagar facturas a mediados do ano próximo, non poden ser nin da provincia nin dos concellos”.

    “Para este Bipartito a autonomía municipal é deixar aos concellos sen recursos. O que temos que dicir desde o municipalismo é que volven traer un documento de orzamento anticoncellos, sen contar cos concellos e, polo tanto, antiprovincia”.

    “Se sumamos os remanentes aos orzamentos, contan con 11 millóns de euros máis en 2023. E lonxe de aproveitar estes cartos para apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia e blindar servizos municipais básicos para a cidadanía, deciden ignorar as súas demandas e necesidades”.

    “Despois de todas as demandas dos alcaldes de todas as cores políticas, e tamén do grupo provincial, actualizan o Plan Concellos en 1 millón de euros. Dos 11 millóns de euros, só 1, a pedrea, é para o Plan Concellos, o único instrumento que temos a disposición dos concellos desde a Deputación de Pontevedra”.

    “O señor López Font veu hoxe a facer oposición na Deputación de Ourense, que ten un orzamento de 90 mil euros fronte aos 187.35 mil euros da Deputación de Pontevedra. Nós vimos a defender aos concellos e facer propostas dos veciños e PSOE e BNG están a outra cousa”.

    “A libre disposición deste Goberno son todos os convenios que asinan coas cidades ao seu antollo”.

    Sinala que na propia Memoria da presidencia se recoñece que os créditos para gastos do capítulo II experimentan un incremento de máis de 3 millóns de  euros (o que supón unha suba de máis do 8%) como consecuencia do incremento de prezos, “o certo é que as transferencias correntes aos concellos deberían subir exactamente na mesma proporción e non baixar. Iso chámase cooperar cos concellos da provincia”.

    “E, claro está, Carmela Silva e César Mosquera seguen contando cunha importante partida para a súa promoción e propaganda. 2 millóns de euros. Aumentan o Plan Concellos en un millón de euros pero para o seu autobombo reservan 2 millóns, para garantir que os actos de propaganda saia fenomenal”.

    Con respecto a persoal, sinalan que van rematar 8 anos de goberno tendo amortizadas prazas de xefaturas de servizo, para crear postos directivos, “é dicir, políticos a dedo facendo funcións de funcionarios, impedindo a carreira profesional e colocando a comisarios políticos para o control de todo”.