Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP DA AGOLADA ACUSA AO ALCALDE LUIS CALVO DE QUERER AILLAR O CONCELLO E CREAR UN REINO ABSOLUTISTA LOGO DA MARCHA DEFINITIVA DO MESMO DA MANCOMUNIDADE TERRAS DO DEZA.

    • A voceira dos populares Carmen Seijas, anuncia que de acadar a alcaldía voltará a solicitar a incorporación do concello á mancomunidade xa que o feito de estar fora da mesma causa un grave prexuízo aos veciños da Agolada o minorarse os servizos que a mancomunidade ofrece coma os servizo de mellora de camiños.
    • O PP advirte ao alcalde que non deixará que converta Agolada nun reduto para facer alloadas e cacicadas de xeito continuo e indícalle que non vai a deixar que ningunha soa mentira mais poida chegar aos veciños da Golada co fin de xustificar a súa nefasta xestión.

     

    Agolada 19 de outubro de 2022.-O PP da Agolada vén de amosar a súa total indignación logo da marcha definitiva do concello de Agolada da mancomunidade Terras do Deza. Acusa ao alcalde de pretender aillar Agolada dos seus concellos veciños e crear un reino absolutista onde só o alcalde Luis Calvo sería o rei e todos os veciños estarían para servir as súas ordes e rirlle as gracias e as cacicadas que fai días tras día. O PP recorda que a mancomunidade se ben necesita cambios e melloras que nas que neste momento se está a traballar segue sendo un organismo que ofrece a realización de servizos públicos que son necesarios para mellorar o concello, tales como: servizo de bacheo, desbroces, etc. O PP recórdalle ao alcalde Luis Calvo que dende agora Agolada xa non poderá contar coa maquinaria e cos traballadores da mancomunidade e que é moi triste que se xustifique esta saída en dicir que o concello poñerá mais medios. Carmen Seijas dille o alcalde que unha cousa non está reñida coa outra e que o concello podería aportar mais medios e seguir así mesmo contando cos da mancomunidade, ”está claro que a Luis Calvo non lle gusta nin a democracia nin o diálogo con concellos irmáns, a el so lle vale aquela xente que lle permita facer as alloadas ás que nos ten acostumados, como por exemplo non pagar os servizo contratados e ser denunciados por morosos ou facer invencións como as da súa viaxe a Ucrania, das cales estamos case convencidos que nunca existiu e na que pediremos probas no vindeiro pleno”.

    O PP anuncia dende xa, que de acadar a alcaldía no vindeiro mes de maio solicitará de novo o seu ingreso á mancomunidade xa que non está disposto nin a vivir de cu cara o resto do Deza nin a deixar aos veciños sen servizos necesarios.

    Solicitude de pleno de maneira urxente.

    A presidenta dos populares Carmen Seijas reclama así mesmo que o alcalde convoque de maneira urxente o pleno ordinario que leva xa varias semanas de retraso. Carmen Seijas indica que sabe perfectamente que ao alcalde non lle apetece ese pleno xa que terá que debater unha moción na cal non lle quedará mais remedio que recoñecer todas as mentiras que leva vertidas sobre a situación económica do concello cando chegou a alcaldía, da cal ía presentar unha auditoría e non o fixo, xa que tería que dicirlle aos veciños que chegou a ser alcalde a través de falsidades. “A este alcalde estáselle acabando o conto e agora vai a ter que recoñecer que colleu o concello saneado e ó tempo terá que contarlle aos veciños que coa súa xestión está poñendo en perigo as contas públicas xa que nos consta a día de hoxe que ten a provedores sen cobrar altas sumas de cartos e que xa se negan a prestarlle os servizos, por non falar dos retrasos nos poucos pagos que fai ou dos escasos 18000€ que tiña nas contas bancarias a 31 de decembro do 2021.

    O PP advírtello ao alcalde que de non convocar o pleno tal e como corresponde nos vindeiros 15 días para debater estas cuestións, verase na obriga de solicitar un pleno extraordinario a tal efecto ou de convocar aos veciños nun acto público para que, cos papeis oficiais na man, deixarlle claro aos agolenses que quen goberna Agolada non fai outra cousa mais que mentirlles.