Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Luis López anuncia a convocatoria dos congresos locais en Salceda de Caselas, Portas e Lalín

     

    17, outubro, 2022. O Partido Popular de Pontevedra celebrou esta tarde a reunión do comité executivo provincial que, entre outros acordos, aprobou celebrar congresos locais do partido en Salceda de Caselas, Portas e Lalín nos vindeiros dous meses.

    Segundo explicou o presidente provincial, Luis López, coa celebración destes congresos queren reforzar as estruturas do partido para afrontar as municipais mellor preparados que nunca. “Hai que crear equipos, con xente que xa estaba e persoas que se están incorporando ao partido; é fundamental mobilizar aos afiliados e simpatizantes e, sobre todo, saír á rúa para escoitar o que precisan e esperan de nós. O PP é un partido de Goberno e presentaremos un proxecto gañador en todos os concellos”.

    Os congresos locais súmanse aos que o partido xa celebrou en Cuntis, Caldas de Reis, Forcarei, Dozón, Redondela e Pontevedra, mentres que en Campo Lameiro a elección do presidente local será este sábado 22 de outubro.

    Os criterios para a celebración destes congresos varían, nun casos fanse por propia iniciativa do comité local e noutros só se formaliza unha situación práctica, pero en todo caso o obxectivo é actualizar o partido e ter en todos os concellos equipos fortes e preparados para afrontar con garantías as próximas eleccións locais.

    López recordou que “as eleccións municipais son as máis importantes para os concellos e para os seus veciños. A política local é a máis próxima ao veciño, a primeira á que acode a cidadanía en busca de respostas e da que espera solucións aos seus problemas”, e por iso reclamou ao comité executivo a máxima implicación. “Necesitamos estar máis activos que nunca. Que en cada aldea da provincia comproben que alí hai unha persoa do Partido Popular comprometido coa provincia. Somos o partido da xente e non é por casualidade. É froito do traballo, de estar permanentemente na rúa, escoitando, interesándonos e preocupándonos polos nosos veciños”.