Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • DAVILA PROPÓN MELLORAR A SEGURIDADE NA PO411 NO ACCESO O IES PEDRAS RUBIAS

    • “Logo do remate da senda peonil, vamos traballar para que ese cruce mellore en canto a seguridade dos peóns e vehículos”.
    • “Vamos levar a pleno unha iniciativa para solicitar un estudo de viabilidade de construcción dunha rotonda sobre a PO411”.
    • “Os rapaces que van a pe o instituto, teñen que ter toda a seguridade para cruzar cara o centro educativo”.
    • “A senda pola marxe que non se executou neste primeiro momento, vai ser outra das proposta que impulsaremos”.

    Salceda de Caselas, 14 de outubro de 2022. O voceiro Popular e o seu Grupo, van levar o pleno ordinario de outubro, unha iniciativa para trasladar a necesidade de mellorar o cruce que hai na PO 411 no seu acceso o IES Pedras Rubias, en a Revolta – Parderrubias. Consideran que ese entronque ten moito tráfico e non ten unha zona onde os peóns poidan cruzar de xeito seguro, polo que van propor o estudo de viabilidade dunha rotonda, así como paso de peóns e prolongación da senda existente, o igual que unda de nova construcción na marxe esquerda dirección Soutelo. Todo elo ca intención de mellorar toda esa zona, onde os rapaces que van a pe o instituto, teñan unha mellor accesibilidade e seguridade, o mesmo tempo que os veciños da zona e a propia  circulación do tráfico mellore considerablemente. Por ende, os populares de Salceda de Caselas, veñen de anunciar esta proposta, confiando en ter o respaldo do goberno salcedense para a continuación elevalo a Xunta de Galicia. En declaracións os medios,  Santiago Rodríguez Davila manifestou:

    • “É unha obra que melloraría moitísimo a seguridade en todo ese ámbito, tanto dos rapaces que van a pe o IES, como dos veciños da zona ou como aqueles outros que utilizan a recen estrenada Senda Peoníl que une o IES ca Esfarrapada”.
    • “Pensamos que nun futuro próximo, cunha rotonda nese punto da estrada PO 411, cambiaría completamente a seguridade, a mobilidade, a paisaxe e as posibilidades de circulación en canto o cambio de sentido dos vehículos”.
    • Hai que seguir executando máis kilómetros de Senda pola marxe que non se fixo neste primeiro momento, sobre todo onde hai casas, conectando a Senda existente ca futura con pasos de peóns.”.
    • “Vamos a propor, que nese proxecto futuro se contemple o saneamento naqueles puntos onde sexa viable e quedasen atrás no seu momento por diversos motivos”.
    • “Seguiremos pondo enriba da mesa iniciativas que melloren e resolban as necesidades dos salcedenses, así como mellorar a seguridade dos nosos mozos e mozas nos entornos educativos”.