Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O GOBERNO BIPARTITO SALCEDENSE PECHOUO O ANO 2021 CON 3.245.000 € SEN PAGAR

    • “Ano tras ano, deixan centos de facturas sen pagar, no 2021, concretamente 1.290 facturas”.

    • “O recoñecemento destas facturas sumaron 1.731.000 €”

    • A suma de préstamos, facturas recoñecidas pero sen abonar e as non recoñecidas que foron o rec, fan esa cantidade de 3.2 m€ pendente de pago”.

    • “A recaudación pola suba de impostos, ascendeu un 24,2% con respeto o ano anterior”.

    • “solo polo IBI– urbana- incrementáronse os ingresos en 400.000€”.

    • “Non fixeron ningún xesto de contención nin reducción do gasto improductivo e supérfluo, mantendo o custe das adicacións, publicidade e a mala xestión na planificación dos gastos co resultado xa mencionado”.

     

    Salceda de Caselas, 8 de setembro de 2022. O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven de comunicar que as contas do ano 2021 do Concello non poden ter peor resultado. En plena saída da pandemia, o goberno, según manifestan, fixo un copia e pega case na sua totalidade dos malos orzamentos do 21, un darlle a pelota cara adiante sen ter en conta a realidade da situación, da sociedade, das demandas e das prioridades básicas dos salcedenses. Seguiron gastando o que non se ten e en cuestións improductivas, sen comparar alternativas orzamentarias, adxudicando a dedo  e incumprindo reiteradamente a Lei de contratos públicos, sendo de novo, o goberno máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento e a poboación do municipio. Por todo o sucedido durante o ano 2021 respeto da execución desas contas, os populares reiteran: 

    • Non se pode pechar un exercicio económico con centos de facturas e varios millóns de euros pendentes de pagar ”.
    • O goberno bipartito está disposto a gastar o que non teñen, deixalo a deber e seguir cruxindo a impostos -catastrazo- os salcedenses”.
    • Non existe unha lista de prioridades en canto a melloras e servizos, non hai transparencia na entrega de documentos solicitados, incumpren reiteradamente a Lei de Contratos, non queren ter debates importantes que falen do futuro, porque non son quen de porse de acordo entre o propio goberno en cuestións como o Centro de Día ou a Galiña Azul, entre outros.”.
    • “3.245.000€ son moitos euros sen pagar para un orzamento de 5,5 millóns. Unha cousa é que estiveran todos financiados, e outra moi distinta é que moito máis da metade se deben a proveedores que fan e serven de prestamistas financeiros o Concello”.
    • “A recaudación bateo récor! Un 24,2% máis que o ano anterior!, e aínda así, deixan centos e contos de facturas sen abonar. Nun ano tan malo para a sociedade en xeral, este goberno non tivo a sensibilidade social necesaria, non foi quen de por en marcha ningunha medida que aliviase a situación das familias e fogares.  ”.
    • Nese ano 2021, o goberno das señoras Tourón e Castiñeira, seguiron sendo o goberno máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento e a poboación do noso municipio”.
    • “Se somos goberno a partires de maio, garantizamos un control riguroso do gasto, reducción do mal gasto innecesario o máximo e por suposto, unha reducción do custe do goberno, como mínimo, nun 20%”.