Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O IV Congreso do Partido Popular de Campo Lameiro celebrarase o 22 de outubro

    • A Comisión Organizadora do Congreso fórmana Julio Sayáns, como presidente, María de las Nieves Boullosa Ferrín e Haydé Reboredo Coello.

     

    29, setembro, 2022. O Partido Popular de Campo Lameiro celebrará o seu cuarto congreso local o sábado 22 de outubro, no que terán dereito a voto os afiliados neste concello. O PP provincial dá así luz verde á celebración do cónclave, para o que tamén se aprobou o regulamento que rexerá todo o relativo á organización e funcionamento do congreso, así como a composición da Comisión Organizadora, que estará formada polo ex alcalde Julio Sayáns, como presidente, María de las Nieves Boullosa Ferrín e Haydé Reboredo Coello. Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.

    Os afiliados interesados en presidir o partido poden presentar as súas candidaturas nos vindeiros sete días, acompañadas, como mínimo, do apoio do 5% dos afiliados locais.

    Coa celebración destes congresos, desde o PP provincial queren reforzar e ampliar as estruturas do partido para afrontar as municipais de maio mellor preparados que nunca e, no caso de Campo Lameiro, revalidar a maioría absoluta e seguir garantindo un goberno forte e estable. Este ano, o PP xa renovou as xuntas locais de Agolada, Redondela, Pontevedra cidade, Dozón e Forcarei. Mañá celébrase o congreso en Caldas de Reis e en Cuntis, o sábado 15.