Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • Fernando Pérez, candidato único a presidir o Partido Popular de Caldas de Reis

    •  “É un congreso de unidade, de consenso, no que todos temos claro que o único importante é traballar xuntos para garantir o cambio en Caldas de Reis nas municipais do ano próximo”.

    19, setembro, 22.- O actual voceiro local e deputado autonómico, Fernando Pérez, é o único candidato a presidir o Partido Popular de Caldas de Reis no congreso local que se celebra o venres 30. Así o ratifica a Comisión Organizadora do Congreso, presidida por Sara Martínez Salgado, e da que tamén forman parte Carolina Martínez Silva e Jesús Antonio Goldar Guimil, tras recibir máis do 40% dos apoios dos afiliados locais do partido e septuplicando os avais mínimos que Fernando Pérez necesitaba para formalizar a súa candidatura.

    Un apoio “fundamental e unánime”, segundo salienta o candidato, e por iso amosa a súa gratitude por este gran respaldo. “É un congreso de unidade, de consenso, no que todos temos claro que o único importante é traballar xuntos para garantir o cambio en Caldas de Reis nas municipais do ano próximo”. Fernando Pérez indica que recibiu o apoio de todos os afiliados aos que tivo ocasión de dirixirse estes días, incluídas todas as persoas que foron algunha vez candidatos do PP e continúan afiliados ao partido.

    “Temos un obxectivo claro e un proxecto sólido para facer de Caldas de Reis un concello próspero e con máis oportunidades. Somos a alternativa a un Goberno desgastado, sen ideas e sen proxectos, que goberna por inercia”, sinala Pérez, que indica que a celebración do congreso local do partido “supón unha ocasión importante para ampliar equipos, seguir sumando xente ao noso proxecto e intensificar a nosa presencia na rúa”.