Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Luis López destaca o papel importante do Partido Popular na Deputación de Pontevedra

    • Subliña a presencia permanente dos deputados nos diferentes concellos, que permite trasladar á institución os problemas e inquedanzas reais dos veciños da provincia.

     

    14, xullo, 22.- O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, mantivo esta mañá a primeira reunión de coordinación co grupo provincial do partido, na que ademais de valorar a súa actividade diaria, pediu seguir coordinados entre a sede provincial e os deputados para darlle unha óptica de partido á situación actual da institución provincial.

    López, que foi deputado provincial a principio deste mandato e polo tanto xa coñece a dinámica de traballo do grupo, destacou o importante papel que está tendo o PP na Deputación de Pontevedra, con propostas claras e fundamentais que defenden unha idea clara do que debe ser a provincia fronte a un goberno centrado na política de titulares.

    Así, puxo en valor a presencia e comunicación constante cos concellos, principalmente cos pequenos e medianos, para escoitar de primeira man cales son as súas preocupacións. “Esa presencia e comunicación constante nos diferentes concellos, cos veciños, permite que na Deputación de Pontevedra se fale dos problemas e inquedanzas reais de toda a provincia, e por iso é fundamental que o sigan facendo”, defende. Pola contra, bota en falta que desde o Goberno provincial non se adopte nin unha soa medida ou solución ante os problemas actuais que ten a provincia, os concellos, os sectores económicos, os veciños... “Falta xestión e faltan medidas para axudar aos concellos ante o incremento desmesurado da inflación, de apoio aos sectores da provincia máis afectados pola crise económica, aos veciños... Queremos unha Deputación real, capacitada para dar resposta aos problemas reais da provincia”.

    Nesta liña, recorda que o PP é o único partido da corporación que ten deputados en todos os partidos xudiciais da provincia, “por iso son a voz que representa sen excepción e por igual a todos os concellos”.