Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Luis López sinala que o PP de Pontevedra presentará os mellores proxectos para os 61 concellos da provincia

    • Reuniuse con afiliados do Deza e Tabeirós-Terras de Montes, dentro da campaña interna cara o congreso provincial

     

    O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, reuniuse onte con alcaldes, voceiros e afiliados dos concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, dentro da campaña electoral interna cara o congreso provincial que se celebra o sábado 9 de xullo en Vigo.

    López comprometeuse a que o PP de Pontevedra presentará os mellores proxectos para os 61 concellos da provincia, xa que o obxectivo é garantir nos concellos a estabilidade e o crecemento que ofrecen os Gobernos populares.

    Nesta liña, destacou que “non  hai partido máis local que o Partido Popular. Somos o partido da xente”, e recordou que na provincia, o PP ten edís nos 61 concellos e deputados provinciais en todos os partidos xudiciais. “Isto é estar coas persoas, escoitalos, atender as súas inquedanzas e defender os seus intereses. O noso partido ofrece alternativas en todos os concellos da provincia”.

    López marcou tres obxectivos para a súa etapa ao fronte dos populares na provincia: reforzar o partido nos 61 concellos coa mirada postas nas municipais do ano próximo, nos que pretenden mellorar resultados e afianzar alcaldías; contribuír desde a provincia ao cambio necesario en España con Alberto Núñez Feijóo; e revalidar a quinta maioría absoluta en Galicia con Alfonso Rueda. Para conseguilo, prometeu “traballo, unidade sen fisuras, disposición absoluta e apoio ás xuntas locais”. Apuntou que “o reto é seguir mantendo a unidade dun partido forte, que garante estabilidade onde goberna e no que confiar para xestionar os momentos complicados e nas peores situacións. Un partido serio, estable, moderado e responsable”.

    Por último, agradeceu o “grande apoio” que recibiu dos afiliados da provincia, que lle permitiu entregar 2.363 sinaturas para formalizar a súa candidatura a presidente provincial. “Un éxito colectivo, un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”, concluíu.