Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Luis López aposta por poñer en valor o potencial e as posibilidades do partido para afrontar con éxito as municipais de 2023

    • Agradece o grande apoio que recibiu dos afiliados para formalizar a súa candidatura, “un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”.
    • Á reunión asistiron afiliados dos concellos do Condado-Paradanta.

     

    23, xuño, 22.- O candidato a presidente do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, reuniuse onte pola noite na Cañiza con participantes e compromisarios dos concellos do Condado e Paradanta, dentro da campaña electoral interna de cara ao congreso provincial que se celebra o sábado 9 de xullo en Vigo. López apostou por poñer en valor todo o potencial e as posibilidades do partido para afrontar con éxito o reto máis inmediato, as eleccións municipais do ano próximo. Así, durante a súa intervención, destacou que “temos bos candidatos e proxectos consolidados”, e puxo como exemplos as alcaldías de Crecente, Salvaterra de Miño, Arbo, Covelo ou Mondariz Balneario. “Somos o partido da estabilidade, da sensatez e da xestión. O que busca o apoio maioritario para conseguir gobernos sólidos e estables”, defendeu.

    Ademais de reforzar o partido nos 61 concellos coa mirada postas nas municipais do ano próximo, nos que pretenden mellorar resultados e afianzar alcaldías, os outros dous obxectivos que marca o candidato son contribuír desde a provincia ao cambio necesario en España con Alberto Núñez Feijóo e revalidar a quinta maioría absoluta en Galicia con Alfonso Rueda.

    López ofreceu “traballo intenso por toda a provincia e unidade sen fisuras”. Apuntou que “o reto é seguir mantendo a unidade dun partido forte, que garante estabilidade onde goberna e no que confiar para xestionar os momentos complicados e nas peores situacións. Un partido serio, estable, moderado e responsable”. Destacou que “somos o partido da xente”, e por iso aposta por un PP de Pontevedra “que siga pegado ás necesidades da provincia, qeu estea a pé de rúa, xunto á cidadanía. Escoitando e atendendo as súas inquedanzas, entendendo cales son as súas preocupacións e necesidades para presentar proxectos fortes e reais en cada concello”.

    Por último, agradeceu o “grande apoio” que recibiu dos afiliados da provincia, que lle permitiu entregar 2.363 sinaturas para formalizar a súa candidatura a presidente provincial. “Un xesto de respaldo inmenso para o proxecto e para o conxunto do partido”.