Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP leva a pleno a reprobación do Concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, tras a sentenza contra a subida do IBI

    • Presentan unha moción urxente para que o Pleno censure e retire as competencias a quen “quixo subir os impostos de forma ilegal, pese a numerosas advertencias; gastou fondos dos veciños de Poio para manter o recargo do IBI e defender unha medida ilegal; e desde que se coñeceu a sentenza mentiulle aos veciños dicindo que non estaba en vigor”
    • Os populares fan unha cronoloxía dos plenos municipais nos que se debateron a ordenanza e as alegacións do PP e o percorrido xudicial, e insisten en que “toda a actuación de Barreiro demostra unha profunda incompetencia na área que dirixe, un desprezo polos principios legais e polos propios veciños de Poio” que recomenda a súa dimisión ou cese e a retirada das competencias delegadas “antes de que siga prexudicando ao Concello”.
    • Ángel Moldes recorda que a ordenanza ilegal aprobouse cos votos de BNG, PSOE e Avante Poio e esixe un posicionamento destes tres partidos: “Vanse poñerse do lado da Xustiza ou van protexer a Xulio Barreiro? Van defender os intereses dos veciños ou van ir contra unha sentenza do TSXG? Van recoñecer que fixeron unha chapuza sen precedentes na política municipal ou van seguir cos insultos, a chulería e a incompetencia?
    • Os populares destacan o Tripartito de Poio é un Goberno completamente desafiuzado: Non teñen o apoio da xente, non saben o que pasa nos lugares e nas parroquias, agora incluso a Xustiza determina que actúan de forma ilegal: “É o peor Goberno da historia de Poio, e os veciños xa só están mirando o reloxio para que remate xa”

     

    27 de xuño de 2021. O PP de Poio presentou este luns no rexistro municipal unha moción urxente pedindo a reprobación do Concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarando nulo o recargo do IBI a segundas residencias impulsado por Barreiro aprobado cos votos de BNG, PSOE e Avante Poio.

    O portavoz popular Ángel Moldes destacan que o nacionalista foi “o ideólogo e o máximo defensor desta subida ilegal”, considerada nula polo Alto Tribunal a raíz dun recurso interposto polo PP, e “comportouse de maneira gravemente contraria aos intereses e á confianza dos veciños”.

    Na moción, o portavoz do PP fai unha cronoloxía do proceso de aprobación do recargo ilegal, desde a aprobación inicial en decembro de 2020, cos votos en contra do PP, advertindo da ilegalidade da medida, ata a impugnación e as alegacións dos populares, tumbadas de novo por BNG, PSOE e Avante Poio en Comisión e en Pleno en marzo de 2021, cando Barreiro volveu defender a medida e entre insultos e graves faltas de respeto instou ao Grupo Municipal Popular a acudir á vía xudicial.

    Esgotada a vía política, o portavoz popular presentou un recurso contencioso-administrativo ante a Sala 4ª do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pedindo a nulidade do recargo. O Concello personouse na causa e presentou un escrito negando a lexitimidade de Moldes para recorrer a Ordenanza e solicitando que se confirmase o recargo.

    Finalmente, hai apenas uns días, os catro maxistrados do Tribunal dictaron sentenza, dándolle a razón ao portavoz do PP e declarando a nulidade do recargo do 25% no IBI "por ser contrario a dereito”.

    “Pois ben, o sr. Barreiro, despois de coñecer que o máximo órgano xudicial de Galicia declarou nulo o recargo do que el foi máximo impulsor e defensor, lonxe de admitir o erro, pedir desculpas e rectificar, púxose a mentirlle aos veciños dicindo que non estaba en vigor, algo completamente falso”

    “Repasando as actas e as intervencións no Pleno e o seu comportamento ata hoxe, toda a actuación de Barreiro demostra unha profunda incompetencia na área que dirixe e un desprezo polos principios legais e polos propios veciños de Poio”, destacou Moldes.

    “En resumo, o sr. Barreiro Lubián comportouse de maneira gravemente contraria aos intereses e á confianza dos veciños, con incompetencia na súa área e desprezo polas normas:

    • Intentando impoñer unha subida de impostos ilegal pese ás advertencias do PP
    • Utilizando fondos públicos para intentar manter en vigor esa medida, personándose no recurso, ao mesmo tempo que afirmaba que non tiña interese en mantela,
    • E, finalmente, mentíndolle aos veciños sobre a vixencia da ordenanza declarada ilegal polo TSXG.

    Para o PP, se calquera dos tres motivos por separados serían suficientes para condenar a actuación do nacionalista, “os tres xuntos fan imprescindible que a Corporación reprobe a Barreiro e recomendan a súa dimisión ou cese e a retirada das competencias delegadas antes de que siga prexudicando aos veciños”

    Os populares destacan que, aínda que o principal impulsor e defensor foi Barreiro, a ordenanza ilegal aprobouse cos votos de BNG, PSOE e Avante Poio e esixen un posicionamento destes tres partidos: “Vanse poñerse do lado da Xustiza ou van protexer a Xulio Barreiro? Van defender os intereses dos veciños ou van ir contra unha sentenza do TSXG? Van recoñecer que fixeron unha chapuza sen precedentes na política municipal ou van seguir cos insultos, a chulería e a incompetencia?”

    Para Moldes, “o que é impensable é que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anule unha ordenanza que aprobaron e fagan como se nada”, especialmente despois de ter que aturar insultos, mentiras e falsidades durante ano e medio.

    En calquera caso, para Moldes, especialmente despois desta sentenza, “o Tripartito de Poio é un Goberno completamente desafiuzado”. Non teñen o apoio da xente, como se leva demostrando elección tras elección desde as últimas municipais, onde o PP gañou en todas as parroquias, están totalmente desconectados das demandas e necesidades dos veciños, como se demostra en cada comisión e Pleno e as mobilizacións durante os tres anos de mandato; e agora incluso a Xustiza determina que actúan de forma ilegal: “O Tripartito é o peor Goberno da historia de Poio, e os veciños xa só están mirando o reloxio para que remate xa e no pouco tempo que lles queda, fagan o menor dano posible”