AS FACTURAS DE GASTOS DA FESTA DO MAR 2016 SUMAN MÁIS DE 200.000 €, POLO MOMENTO

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • AS FACTURAS DE GASTOS DA FESTA DO MAR 2016 SUMAN MÁIS DE 200.000 €, POLO MOMENTO

    • A relación de gastos, que podería ampliarse aínda con novas facturas, inclúe case 135.000 € en concertos e actuacións, entre os que destacan Siniestro Total e Banda Bassotti, con custe máis de 20.000 € cada actuación.
    • As facturas de organización da festa inclúen máis de 20.000 € en contratación de persoal e xestión de cociña a pesar de que a xestión era teóricamente municipal.
    • Entre as facturas de alimentación, 4.300 € de pulpería e máis de 2.100 € en botellas de Albariño.
    • O informe de secretaría de 26 de outubro advirte de varias posibles irregularidades e critica a falta de información e transparencia sobre os procedementos utilizados durante a Festa do Mar.
    • O Partido Popular anuncia que solicitará información adicional dos técnicos municipais sobre varias anomalías: posibles fraccionamentos de facturas, subcontratación de persoal, ou o feito xa denunciado de que ningún destes gastos someteuse a informe do departamento de contratación.

     

    Poio, 31 de outubro de 2016. O Partido Popular presentou hoxe información detallada sobre as facturas correspondentes á Festa do Mar 2016 e que constan no rexistro do Concello de Poio.

    O total de gastos reflectido nestas facturas é de 206.823,20 €, aínda que o presidente dos populares advirte que esta cifra pode subir xa que, “como outros anos, irán aparecendo facturas máis adiante”. Dos máis de 200.000 € contabilizados, 132.730,30 € corresponderían a actuacións musicais, dos que case 43.000 € xa corresponderían ós concertos de Siniestro Total e Banda Bassotti. A relación de facturas tamén recolle os gastos polas actuacións doutros artistas como Lys Pardo (15.730 €) ou Luar Na Lubre (9.680 €), varios grupos de música tradicional e distintos pagos por seguridade e servizos relacionadas.

    É precisamente no apartado de actuacións musicais no que tanto os populares como os técnicos municipais atoparon algún indicio irregular, xa que a contratación de Siniestro Total e Banda Bassotti fíxose por medio dun representante, polo que, como advirte tamén o informe de secretaría, podería considerarse que deixarían de ser contratos privados.

    Máis preocupante aínda, para os populares, é o caso de dúas facturas por “Camerinos, vixilancia de equipos, persoal de producción, carga e descarga” por conceptos idénticos, da mesma data e con importes distintos (17.182 € e 14.399 €) e das que os populares pedirán información detallada por se constitúe un caso de fraccionamento indebido para non ter que someterse a un proceso de contratación.

    Moldes anunciou que o grupo municipal popular pedirá información inmediatamente ós técnicos municipais por  “estas dúas facturas, da mesma empresa, na mesma data e por conceptos idénticos, por un total de 31.581 €”.

    Os populares presentaron a semana pasada un informe municipal explicando que ningún gasto da Festa do Mar fora informado previamente polos técnicos de contratación –información confirmada polo goberno local-, e varias das facturas presentadas neste informe poderían confirmar as sospeitas de prácticas irregulares e/ou opacas.

    Ao respecto doutro dos asuntos controvertidos da XVI Festa do Mar, na relación de facturas aparecen máis de 20.000 € en xestións de persoal e cociña, pese a que a edición deste ano era supostamente de xestión directa por parte do Concello.

    Os populares tamén pedirán explicacións de se estes importes e conceptos non incumpren os principios da xestión directa dun evento coma este, e de feito o informe adxunto chama a atención sobre a “borrosa liña” entre a xestión directa e a participación de empresas, e advirte de falta de documentación e motivación para os gastos rexistrados.

    O presidente popular resumiu a documentación presentada e avanzou os pasos a seguir pola súa formación: “Estamos falando, por agora, de máis de 200.000 € en facturas, con procedementos pouco transparentes e, nalgún caso, dan toda a impresión de ser irregulares”.

    “Imos pedir inmediatamente ós servizos técnicos do Concello información máis detallada”, rematou Moldes, “pero moito tememos que isto non vai rematar aquí”.