Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • O PP denuncia que desde a chegada do tripartito empeoraron os desbroces en Poio

    • O grupo municipal popular denuncia que desde a chegada do Tripartito empeoran os desbroces e limpezas municipais.
    • «Sería absurdo denunciar unha zona en concreto porque todas as parroquias están fatal».
    • «Según nos comentan moitos veciños cando van a concello a pedir explicacións a desculpa é que “chove ou que fai sol"».
    • «Desde o PP xa sabemos que existen moitos kilómetros de viais nos que chove e fai sol pero así como fai uns anos se facia decentemente, cal é o motivo de non facelo agora? Ser tres partidos a gobernar no concello?».

     

    Poio, 17 de xuño de 2022. O grupo municipal popular denuncia que desde a chegada do Tripartito empeoran os desbroces e limpezas municipais.

    «Sería absurdo denunciar unha zona en concreto porque todas as parroquias están fatal», sinala Rocío Cochón.

    Os populares din que antes existía unha planificación e o Concello estaba bastante adecentado pero agora da igual a parroquia ou o lugar xa que todo Poio parece unha selva.

    «Según nos comentan moitos veciños cando van ao Concello a pedir explicacións a desculpa é que “chove ou que fai sol"», indica a concelleira popular.

    «Non entendemos nin compartimos esa xustificación, xa que en Galicia chover e facer sol non é cousa nova e sucedeu toda a vida e así como noutros Concellos teñen as cunetas desbrozadas en Poio poderían estar igual», expresa Rocío Cochón.

    Os populares recordan que en anos anteriores os desbroces coincidían coas festas patronais pero desde a chegada do tripartito xa nin eso.

    «Desde o PP defendemos o bo traballo que fan tanto os traballadores do concello como as empresas externas que se contratan para realizar estes desbroces», expresa Rocío Cochón.

    Os populares teñen claro que non é un problema de execución senón un problema de planificación e recordan que nunha comisión de urbanismo preguntando ao Tripartito se existía algunha planificación a resposta do Concelleiro Agís foi: "A folla de ruta é empezar por unha punta e terminar na outra".

    «Desde o PP xa sabemos que existen moitos kilómetros de viais nos que chove e fai sol pero así como fai uns anos se facia decentemente, cal é o motivo de non facelo agora? Ser tres partidos a gobernar no concello?», pregúntase a Concelleira popular.