O PP do Condado-Paradanta reclama diálogo sobre o Plan Concellos ao bipartito provincial

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP do Condado-Paradanta reclama diálogo sobre o Plan Concellos ao bipartito provincial

    • Critican que teñen que comezar a planificar os orzamentos e a previsión que teñen do bipartito da Deputación é nula.
    • Insisten en reclamar diálogo a Carmela Silva, que se sente cos alcaldes e que abra verdadeiramente as portas da institución provincial.

     

    A Cañiza, 29 de outubro de 2016.- O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, e os deputados do grupo provincial, Julio Alén e Luisa Piñeiro, reuníronse este mediodía na Cañiza cos alcaldes e cos voceiros do PP da comarca do Condado-Paradanta, que amosaron a súa preocupación porque a dous meses de pechar o ano e traballando xa na redacción dos orzamentos municipais para 2017, non teñen ningunha previsión do que vai facer o bipartito co reparto dos fondos provinciais.

    Os populares destacan que hoxe xa todos saben, incluído o bipartito da Deputación de Pontevedra, que o Plan Concellos foi un fracaso porque non é o plan que necesita a provincia, e mostra delo é que Carmela Silva xa anunciou que vai haber cambios. Por iso critican que están exactamente igual e coas mesmas incertezas que hai xusto un ano, a pesar de que os alcaldes do PP de toda a provincia xa pediron en xullo unha reunión co bipartito para falar da distribución dos fondos provinciais. Desde entón, sinalan, non obtiveron ningunha resposta nin explicación, polo que consideran que, como sempre, o goberno bipartito da Deputación chega tarde e improvisando.

    Nesta liña, refírense ás dificultades que teñen os concellos para poñerse a traballar nos orzamentos cando a estas alturas a previsión que teñen sobre os fondos que van recibir da Deputación é nula.

    A proposta dos populares pasa porque destinen ao plan 60 millóns en lugar de 40, e se deixen de plans compost que non quere ninguén, de recatar concesións de auditorios en grandes cidades e suxiren ao goberno bipartito que aposten polo reequilibrio territorial porque é a esencia da Deputación.

    Asemade, defenden que os alcaldes necesitan ter claro desde o principio que entra e que queda fóra do plan concellos, e denuncian que este ano nin sequera na Deputación sabían que cuestións se podían incluír e cales non, porque quixeron facer do plan concellos un plan para todo e ao final foi un desbaraxuste.

    O PP critica que co bipartito os concellos non só perderon investimentos coa paralización de moitos dos proxectos que xa estaban aprobados, senón que tamén recibiron menos fondos que anos anteriores e reducíronse moitos dos servizos que se viñan prestando desde a institución provincial, incluído o apoio económico a entidades e colectivos ou o Parque de Maquinarias, que hoxe está infrautilizado e, como consecuencia, as estradas da provincia deterioradas e abandonadas.

    Por iso, os populares insisten en reclamar ao bipartito diálogo, que se senten cos alcaldes e que abran verdadeiramente as portas da Deputación, e critican que é inxustificable que a estas alturas de mandato non coñeza a todos os alcaldes desta provincia e que, incluso, non atenda a aqueles que teñen solicitadas entrevistas con ela desde hai máis de un ano.