Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP destaca o compromiso da Xunta con Poio fronte á deixadez do Tripartito

    • Os populares destacan que mentres a Xunta crea un novo paso de peóns e reubica a marquesiña do Laño a petición dos veciños, entre numerosos investimentos en seguridade e mobilidade nos últimos meses, o Tripartito é incapaz de poñer unha soa marquesiña en Casalvito dende hai anos.
    • Subliñan que só o ano pasado a Xunta investiu en Poio máis de 7 millóns de euros, sendo de largo “a administración que máis inviste en mellorar a vida dos nosos veciños”, con actuacións complexas que responden de forma inmediata ás demandas da veciñanza.
    • Contrasta esta actitude da administración autonómica cun Concello que non escoita, que non atende as peticións da veciñanza e que non é quen de facer investimentos importantes: «Os veciños poden ver pleno tras pleno como os Tres Alcaldes se dedican a buscar escusas para non facer».

     

    7 de xuño de 2022. O PP de Poio celebrou o anuncio da Consellería de Infraestruturas de reubicar a marquesiña de autobús na parada do Laño, así como a creación dun paso de peóns e varias novas actuacións para mellorar a seguridade vial na PO-308, suxeridas pola veciñanza da zona, que completa a mellora da seguridade e a construción de sendas entre Samieira e Raxó, un investimento de máis de 4,3 millóns de euros do que desfrutan os veciños destas dúas parroquias desde 2020.

    Os populares Ángel Moldes e Rocío Cochón visitaron a zona tras a comisión de urbanismo celebrada este martes, e tras reunirse con veciños da zona destacaron “o compromiso da Xunta con Poio”, que se traduce en investimentos como as actuacións na PO-308, con máis de 7 km de sendas peonís e ciclistas, xunto a moitas outras actuacións nos últimos meses, e sobre todo, a capacidade de atender as necesidades dos veciños de Poio “fronte á deixadez dun Tripartito que é incapaz de xestionar as súas competencias e de cumprir as súas obrigas”.

    Cochón puxo de exemplo das diferencias entre ambas administracións que, mentres a Xunta dota de beirarrúas e sendas a máis de 7 km de estrada autonómica, instala marquesinas e mellora a seguridade viaria con decenas de actuacións, “o Tripartito non é capaz sequera de instalar unha marquesina para o bus escolar no lugar de Casalvito despois de anos de peticións veciñais, de queixas ante a valedora do pobo e dunha moción aprobada por unanimidade no pleno”.

    A popular agradeceu o compromiso da Xunta “que se traduce en investimentos reais e constantes que melloran a vida dos veciños” e contreastouno co pasotismo dun “Concello que non escoita, que non atende as peticións da veciñanza, que non é quen de facer investimentos impor-tantes” e que nin tan siquera é capaz de cumprir os acordos do Pleno: «Os veciños poden ver pleno tras pleno como os Tres Alcaldes se dedican a buscar escusas para non facer».