Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP critica que hoxe os alcaldes teñen as mesmas incertezas e dúbidas que hai un ano co reparto do Plan Concellos

    Esta tarde nunha reunión entre os deputados provinciais e alcaldes populares da provincia.

    • “Temos que comezar a planificar os orzamentos e a previsión que temos da Deputación é nula”, critica Nidia Arévalo.
    • “Debe de ser o primeiro exitazo da historia que hai que cambiar”, ironiza a voceira.
    • Os alcaldes insisten en reclamar diálogo a Carmela Silva, “que se sente cos alcaldes e que abra verdadeiramente as portas da Deputación”.

     

    Pontevedra, 27 de outubro de 2016.- Os deputados do grupo provincial do Partido Popular reuníronse esta tarde en Pontevedra cos alcaldes do PP da provincia, que amosaron a súa preocupación porque a dous meses de pechar o ano e traballando xa na redacción dos orzamentos municipais para 2017, non teñen ningunha previsión do que vai facer o bipartito co reparto dos fondos provinciais.

    Despois de que Carmela Silva anunciase que vai haber cambios no Plan Concellos para o vindeiro ano, Nidia Arévalo sinalou que “estamos exactamente igual e coas mesmas incertezas que hai un ano”. Neste sentido, recordou que os alcaldes do PP xa pediron en xullo a Carmela Silva que os convocase, “pero como sempre, a presidenta chega tarde e improvisando. Os alcaldes estamos perdidos, non sabemos que vai pasar cos fondos provinciais, temos que comezar a planificar os orzamentos e a previsión que temos da Deputación é nula”.

    Así, defendeu que os alcaldes necesitan ter claro desde o principio que entra e que queda fóra do plan concellos, e denunciou que “nin sequera na Deputación sabían que cuestións se podían incluír e cales non, porque quixeron facer do plan concellos un plan para todo e ao final foi un desbaraxuste”.

    Nesta liña dixo que “hoxe xa todos sabemos, incluída a presidenta da Deputación, que o Plan Concellos non é o plan que precisan os concellos desta provincia”, e ironizou con que “debe de ser o primeiro exitazo da historia que hai que cambiar”.

    A proposta dos populares pasa porque destinen ao plan 60 millóns en lugar de 40, “e se deixen de plans compost que non quere ninguén, de recatar concesións de auditorios en grandes cidades e aposten polo reequilibrio territorial, que é a esencia da Deputación”.

    “Este ano os concellos non só perderon investimentos, senón que recibiron menos fondos que anos anteriores e perderon moitos dos servizos que se viñan prestando desde a institución provincial, incluído o apoio económico a entidades e colectivos”, denunciou Arévalo.

    Os alcaldes insisten en reclamar a Carmela Silva que os convoque nunha comisión para establecer, entre todos, a cuantía e os criterios de reparto dos fondos provinciais. “Reclamamos diálogo, que se sente cos alcaldes e que abra verdadeiramente as portas da Deputación, que é inxustificable que a estas alturas de mandato non coñeza a todos os alcaldes desta provincia. E aínda por riba intenta escusarse dicindo que é porque non se relaciona con quen a insulta gravemente, que veña e que nos explique a todos que entende ela por insultos”.

    Sobre isto, referiuse tamén Cristina Correa, a alcaldesa de Oia, que ten solicitadas ata tres entrevistas con Carmela Silva e a día de hoxe non foi recibida. “Queremos trasladarlle os problemas que temos en Oia, e pedímoslle que non haxa discriminación”, sinalou. Ademais, pídelle a Carmela Silva que lle explique en que lle puido faltar ao respecto, porque o certo é que non houbo ocasión porque a día de hoxe aínda non coincidiron.