Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • OS SALCEDENSES MERECEMOS SABER QUE PRETENDE FACER O GOBERNO BIPARTITO SOBRE A ÚNICA PARCELA QUE EXISTE A DÍA DE HOXE: GALIÑA AZUL OU CENTRO DE DÍA.

    • ANTE O DESMARQUE E DESAUTORIZACIÓN POR PARTE DA TENENTE ALCALDESA HACIA A PROPOSTA DA SRA. ALCALDESA SOBRE A UBICACIÓN DO FUTURO CENTRO DE DÍA, O GOBERNO TRABALLA POR BANDOS.
    • CO SEU SILENCIO DE SEMANAS ANTE ESTE DESPLANTE DE MOVEMENTO SALCEDA, A SRA. ALCALDESA QUEDA PÚBLICAMENTE SEN AUTORIDADE SOBRE O GOBERNO QUE PRESIDE.
    • HAI TRES POSIBILIDADES: OU NON SABÍA NADA DOLORES CASTIÑEIRA DA PETICIÓN DA ALCALDESA SOBRE O MESMO TERRENO PARA A GALIÑA AZUL E CENTRO DE DÍA; OU SI O SABÍA SE DESMARCOU DA ALCALDESA SENDO UNHA FALTA DE LEALDADE; OU SABENDO LLE ADVERTIU A ALCALDESA DAS CONSECUENCIAS QUE PODRÍA TER E FIXO PÚBLICO O SEU DESACORDO.
    • MERECEMOS UN GOBERNO MÁIS SERIO E CREIBLE, CON ASUNTOS TAN NECESARIOS E IMPORTANTES, NON SE PODE XOGAR A VER QUEN É A MÁIS LISTA DA CLASE.
    • ESTAMOS SENDO MÁIS LEAIS, CREIBLES E COHERENTES O GRUPO POPULAR CAS NOSAS PROPOSTAS PARA MELLORAR A VIDA DOS NOSOS VECIÑOS, QUE O BIPARTITO.

     

    Salceda de Caselas 21 de maio de 2022. O Grupo Popular destapou e deu a coñecer a opinión pública a intención irresponsable e inédita do bipartito salcedense de querer construir sobre a mesma parcela a segunda galiña azul e un centro de día, utilizando para elo o mesmo anteproxecto (con catro retoques) e o mesmo terreno para os dous fins. Increíble pero certo, según veñen a denunciar os populares salcedenses. A falta de unidade do bipartito ten sido algo normal e habitual en cuestións de “andar por casa”,  no día a día do Concello, que quedaba ata o de agora de portas para adentro, pero esta vez xa é notorio e preocupante, din os edís do Grupo Popular. Ante este desencontro e choque frontal dos dous grupos que conforman o bipartito salcedense, e ante o silencio da sra. Alcaldesa que quedou desautorizada públicamente polas declaracións da exalcaldesa, o voceiro popular Santiago Rodríguez Davila ven de realizar as seguintes preguntas e reflexións:

    • “os salcedenses merecemos saber quen lidera e manda no goberno bipartito, logo da desautorización pública da exalcaldesa Dolores Castiñeira a actual alcaldesa. Case quince día despois desas declaracións de desmarque cara a sra. Alcaldesa Verónica Tourón, ésta non di nada, nin aclara nada, nin retifica nen desautoriza a tenente alcaldesa, polo que a ollos dos veciñ@s, a señora Tourón, queda sen autoridade sobre o que se supón é o seu goberno”.
    • “deberíamos ter un goberno máis serio e creible, non se pode sair públicamente con propostas que automáticamente o teu socio sae a rebatir e a discrepar abertamente. Hai que ser rigurosos con necesidades tan importantes e necesarias como son a segunda Galiña Azul e un Centro de Día”.
    • “que nos digan a verdade e que nos contesten a esta pregunta directa: que pretenden facer sobre a única parcela que existe a día de hoxe o carón do centro de saúde, a galiña azul ou o centro de día? As nais e pais dos cativos e a nosa xente de idade, merecen sabelo, por respeto. Que o bipartito se aclare entre si, e no lo diga xa”.
    • “temos sido máis leais, creibles e coherentes os seis concelleiros populares cas nosas propostas e iniciativas para mellorar a vida dos nosos veciñ@s, que o bipartito da exalcadesa e alcaldesa, que tan so están en ver quen é a máis lista da clase”.
    • “o meu grupo está a disposición de sumar, acordar, pensar entre todos unha Salceda mellor, en acadar mellores e necesarias infraestruturas, equipamentos e servizos...pero precisamos ter un planeamento urbanístico que non lles importa telo totalmente abandonado e olvidado, e tamén, e moi importante, ter un único goberno, con unha única voz pública, cas ideas claras e que non transmita discrepancias e incertezas tan notorias e graves como é este caso. Así non vamos ben! Señoras/es do goberno.”