Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP DE SILLEDA CRÍTICA OS NOVOS CORTES SEN PREVIO AVISO NA RÚA PROGRESO

     

    Silleda, 23 de maio de 2022.- O Partido Popular de Silleda criticou os novos cortes que se produxeron este luns por mor das obras na Rúa Progreso, o que ocasionou moitos atrancos os veciños e comerciantes de Silleda.

    Estes novos cortes no tráfico, producíronse despois de que o venres pola tarde se escomezaran os traballos para vaciar de terra as áreas nas que fai unhas semanas se plantaron os novos árbores desta rúa.

    Dende as filas populares lamentaron esta nova falta de previsión por parte do Concello, que pon de manifesto a nefasta xestión que se esta a facer desta obra, “Están demostrando que os veciños e comerciantes  non lle importan o máis mínimo, cortan e abren a rúa o seu antoxo sen previo aviso, o que lle xera moitísimos problemas tanto os veciños como os comerciantes, e todo esto a pesar que polo menos dende o viernes xa sabían que se ían acometer estes traballos.”.

    O voceiro do Partido Popular calificou de despropósito esta nova actuación do Concello, “Non teñen ningún tipo de planificiación, fan unha cousa e as poucas semanas teñen que desfacela, tal e como xa sucedeu coas arquetas de pluviais, e agora vemos como teñen que modificar as zonas verdes sustituindoas por adoquíns polas eivas que ten o proxecto. Andan como polo sen cabeza, e mentras tanto xa levamos máis de cinco meses de retraso nas obras e incrementando gastos.”.

    Dende o Partido Popular solicitarán novas explicacións por estes cortes de tráfico, e solicítanlle o Concello que deixen de tomarlle o pelo os veciños e comerciantes desta rúa e de todo Silleda, que cada día teñen que soportar un novo despropósito do señor Cuíña, e que lle acaban costando máis cartos pola nefasta xestión e previsión que se esta a facer polo grupo de goberno desta obra.