Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE RIBADUMIA DENUNCIA QUE O TRIPARTITO PARALIZA A EXECUCION DO PLAN CONCELLOS

    • Critican que 6 meses despois de que a Deputación autorizase os primeiros proxectos, o Concello de Ribadumia aínda non empezou a executar ningún.

     

    Ribadumia, 25 de outubro de 2016. O Partido Popular de Ribadumia denuncia que o tripartito municipal ten paralizadas as obras do Plan Concellos da Deputación. Nesta liña, explica que transcorridos seis meses dende que a institución provincial aprobase as subvencións para os proxectos presentados polo concello, nada se sabe da súa execución.

    A Deputación de Pontevedra aprobou as primeiras axudas para estes proxectos no mes de abril, é dicir hai seis meses, sen que a día de hoxe  o concello comezase a execución de ningún deles.

    Salomé Peña critica a falta de capacidade do alcalde e do seu goberno tripartito, por non ser capaces de sacar adiante os proxectos que eles mesmos presentaron ao plan. A voceira popular non entende como proxectos aprobados hai seis meses, non están executados xa,  desaproveitando ademais os meses de verán, que é cando se dan as mellores condicións para executar proxectos coma os de saneamento.

    Os populares sinalan como responsable desta demora na execución ao alcalde, David Castro, que demostra unha vez máis falta de capacidade para planificar e organizar o funcionamento do concello e do goberno tripartito. “Mentres outros concellos xa están terminando a execución dos seus proxectos, Ribadumia aínda non empezou“, lamenta a portavoz dos populares, quen insta ao alcalde para que dunha vez por todas se poña ao fronte do concello a velar polos intereses dos veciños.