Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • Pepa Pardo: “ninguén entende que este Goberno hoxe rexeite apoiar aos autónomos e pemes da provincia coas dificultades que están atravesando”

    •  Subliña que a Deputación ten capacidade para aprobar o plan de axudas proposto polos populares, con máis do 58% do orzamento de 2021 sen executar e cos 2,3 millóns de euros que este ano destinan á promoción, propaganda e conferencias da presidenta.

     

    29, abril, 2022.- O grupo provincial do Partido Popular volveu a reclamar hoxe á Deputación de Pontevedra “feitos e non quedarse en palabras” para aprobar un plan de axudas directas aos sectores da provincia que están afectados pola “inflación desbocada, a máis alta dos últimos 37 anos; o prezo da luz que marca subas históricas practicamente cada día, ao mesmo que o prezo dos carburantes, e unha cesta da compra en escalada que asfixia á cidadanía ante un Goberno central falto de medidas eficaces e eficientes para protexer aos veciños”. Foi durante o pleno que se celebrou hoxe, no que a vicevoceira Pepa Pardo dixo que “ninguén entende que este Goberno hoxe rexeite apoiar aos autónomos e pemes da provincia coas dificultades que están atravesando”.

    Nesta liña, subliñou que “esta moción vai de feitos, vai de facer, de decidir si queremos apoiar ao sector do mar, do agro, do transporte, das conservas... ou non”, subliñou Pardo, que recordou que “non é unha cuestión económica, porque a Deputación de Pontevedra ten capacidade para facelo, con máis do 58% do orzamento de 2021 sen executar e cos 2,3 millóns de euros que este ano destinan á promoción, propaganda e conferencias da presidenta. E tamén ten competencia”, recordando que hai outras deputacións galegas que xa aprobaron este plan.

    Pardo apelou por “dar solucións aos problemas reais e urxentes dos veciños. Esta debe de ser hoxe a prioridade desta Deputación”, e acusou ao Goberno provincial “de engadir ou quitar competencias segundo lles interese”. A popular dixo que “non podemos compartir esta decisión, como tampouco compartimos a decisión que este Goberno tomou, pleno tras pleno, a dicir non a reclamar o IVE que o Goberno central debía a Galicia; a implantar o teletraballo e o voto telemático; ás axudas a autónomos, pemes, comerciantes e hostaleiros en plena pandemia; e non ás axudas aos concellos polo incremento dos gastos correntes. Votan non porque por que o pide o PP, porque son sectarios. Priorizan as súas siglas e partidos fronte aos intereses dos pontevedreses”.

    Por último, criticou que Mosquera despois de votar hoxe non na Deputación de Pontevedra a esta moción para axudar aos autónomos e pemes da provincia, se vaia sentar nun acto político do BNG con Ana Pontón nesta cidade para falar de axudas.