Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • PSOE e BNG rexeitan na Deputación atender as reclamacións dos veciños da EP-7201 á súa entrada no núcleo de Silleda

    • Ignacio Maril: “Pensamos que se esqueceran destas beirarrúas ao non incluílas no proxecto da rotonda do cemiterio, pero agora entendemos que non teñen vontade política de facelas”.

     

    29, abril, 2022.- O deputado provincial do Partido Popular, Ignacio Maril, defendeu esta mañá no pleno da Deputación de Pontevedra a urxencia de dotar de beirarrúas a estrada EP-7201 a súa entrada no núcleo de Silleda dende o cruce de acceso a parroquia de Toiriz, ata a rotonda de acceso ao IES Pintor Colmeiro, e así atender as reclamacións da veciñanza deste lugar que pide que se garanta a seguridade viaria.

    Con todo, pese a que “garantir a seguridade nas estradas provincias debe ser una prioridade para o Goberno da Deputación”, tanto PSOE como BNG rexeitaron esta petición. Unha decisión que para Maril, “é indefendible” debido ás situacións de inseguridade e perigo ás que se enfrontan cada día os veciños, “incapaces de achegarse a pé ata servizos básicos como instituto, o centro de saúde ou o cemiterio, a pesar de que están a pouco máis de 500 metros das súas vivendas”.

    O deputado popular acusou ao Goberno de ofrecer sempre “as mesmas excusas e a mesma resposta. Sempre que o PP reclama melloras nas estradas, din que están en vías, que están proxectadas ou en tramitación… Pero o certo é que a día de hoxe non hai un proxecto enriba da mesa para esta estrada”. Ademais, recorda que mesmo o vicepresidente da Deputación e voceiro do BNG, César Mosquera, recoñeceu que non hai nada porque o Concello de Silleda non o solicitou. Por iso, dixo que “agora entendemos por que o alcalde, que se comprometeu con esta actuación, non recibe aos veciños”.

    Recordou que o Goberno provincial non está atendendo as petición dos veciños. “Non só neste mandato, tamén no anterior, e agora queren salvar a cara diciendo que hai proxectos anteriores e acusándonos de que non somos ambiciosos. Fagan e actúen, déixense de marear”.

    Maril chamou a atención sobre a situación desta vía, que neste tramo conta cun dobre carril de subida no sentido Cachafeiro-Silleda, o que provoca que moitos coches vaian a unha velocidade elevada, e que gran parte dos vehículos que circulan por ela son vehículos pesados e vehículos agrícolas que se ven na obriga de ir por esta estrada debido ao mal estado dos viais que conectan con otras parroquias polos camiños de monte.

    Ademais, o popular subliñou que estas beirarrúas xa deberían estar proxectadas aproveitando as obras que neste momento a institución provincial está executando na rotonda de acceso ao cemiterio de Silleda. “Pensamos que se esqueceran destas beirarrúas, pero agora entendemos que non teñen vontade política de facelas. A Deputación non amosa nin ambición, nin planificación nin vontade para mellorar a seguridade viaria neste lugar”, conclúe.