INSTAMOS A ADMINISTRACIÓN LOCAL A FACILITAR A INSTALACIÓN DE NOVAS INICIATIVAS ENTORNO A ENERXÍA SOLAR E ÁS CONDICIÓNS DE ACCESO E HABITABILIDADE PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- UNHA NOVA MEDIDA DE AFORRO NOS IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA INTENSIFICAR AS INICIATIVAS PRIVADAS QUE CREAN OPORTUNIDADES PARA @S VECIÑ@S, TANTO SOCIALMENTE COMO ECONOMICAMENTE.
- O GOBERNO LOCAL DEBE ATENDER E APOIAR ESTA PROPOSTA DO GRUPO POPULAR XA QUE É SENSATA, APLICABLE E BENEFICIOSA PARA @S SALCEDENSES E PARA O PROPIO CONCELLO.
- O GRUPO POPULAR SEMPRE TEN PRESENTE NAS SÚAS ACCIÓNS E DEMANDAS A SOCIEDADE A QUE REPRESENTA .
- CON MENOS IMPOSTOS E BUROCRACIA, HABRÁ MÁIS ACTIVIDADE ECONÓMICA, MÁIS EMPREGO E MELLORAS NO MEDIOAMBIENTE E NA SOCIEDADE.
Salceda de Caselas 26 de abril de 2022. O Grupo Municipal Popular, continua aportando ideas e propostas en beneficio da cidadanía salcedense. Nesta ocasión @s concelleir@s populares de Salceda de Caselas, presentan unha iniciativa ante o pleno para modificar a ordenanza municipal que regula o imposto do ICIO, no tocante as bonificacións en obras de iniciativas encamiñadas a instalacións ou obras que incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, así como as que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade para persoas con discapacidade, tal e como recolle o Real Decreto Lexislativo 2/2004 (TRLRFL) nos artigos 100 a 103, e que pode trasladar a dita ordenanza municipal. Por elo, tanto o concelleiro Primitivo González Souto como o voceiro Santiago Rodríguez Davila, veñen de explicar e propor que:
- “O goberno bipartito debe atender e votar a favor desta nova proposta popular que pretende xerar máis e mellores oportunidades, que facilita a accesibilidade e habitabilidade ás persoas con discapacidade e en consecuencia xerar máis actividade económica o redor dunha demanda social xusta”.
- “ O cambio climático preocupa e debe ocupar a tod@s, e por elo que iniciativas como esta, onde pretendemos facer máis instalacións ou obras en torno o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, que axudan a reducción da contaminación e fan máis sostible o entorno, deben contar co apoio dos representantes públicos, neste caso d@s concelleir@s da Corporación Municipal”.
- “Estamos seguros que no pleno do próximo xoves día 28 de abril, vamos aprobar por unanimidade esta modificación da ordenanza que regula o ICIO, pasando do 50% de bonificación actual o 90% e 95% para as iniciativas de acceso e habitabilidade a discapacitados e para as de instalaciónns e obras de aproveitamento con enerxía solar, respectivamente”.
- “O coche eléctrico é unha realidade que cada día se vai a utilizar e demandar máis, polo que é necesario, preciso e case obrigado que dende o Concello se poña alfombra vermella a quenes sexan pioneiros e aposten por dar resposta ante o cambio climático que desgradiadamente é, de momento, imparable, a través da mobilidade sostible”.
- “O Grupo popular considera obrigado que o Concello debe minimizar os ingresos polo ICIO neste tipo de obras, para incentivar, axudar e animar a particulares, autónomos e empresas a apostar por enerxías renovables e fomentar o autoconsumo enerxético”.
- “ A sensatez, a moderación e a coherencia nas propostas do noso Grupo, fan que cada día sexan máis os veciñ@s que ven cerca unha alternativa realista, fiable e de maiorías a un goberno que está máis ocupado e preocupado en ver que parte do bipartito sale en máis fotos que en resolver a realidade d@s salcedenses”.