Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia que Luis Piña expulsa a Miguel Domínguez para evitar dar explicacións sobre o que lle incomoda

    • "O club, os xogadores e os veciños debemos saber cales son as aportacións privadas coas que o Goberno local pretende financiar ao Club Balonmán A Cañiza a final de tempada e cun ano de retraso".
    • Critica que aínda se aprobase este xoves a Conta Xeral de 2018, seis meses despois de que unha sentenza xudicial anulase o pleno por se ilegal.
    • Aproban un ROM “a medida do alcalde” e con informe en contra da Secretaría Municipal, que cuestiona a súa legalidade.

     

    A Cañiza, 8 de abril de 2022.- O Partido Popular da Cañiza lamenta que "para non dar explicacións en pleno sobre os asuntos que lle incomodan", o alcalde Luis Piña expulse ao voceiro Miguel Domínguez da sesión, "sen razóns ou argumentos de ningún tipo"

    Foi durante o pleno que se celebrou onte pola noite, no que Domínguez lle recriminou que o Goberno local chega "tarde e mal" ao convenio co Club de Balonmán da Cañiza. "Levan máis de un ano esperando por este convenio, a pesar de que hai capacidade económica para facelo, e apróbase ao final de temporada e con aportacións privadas que quere esconder", denuncia. Os populares esixen transparencia con esa aportación. "O club, os xogadores e os veciños da Cañiza debemos saber cales son as aportacións privadas coas que o Goberno local pretende financiar agora ao club. De onde proveñen e por que ten o alcalde interese en que non pasen por ningún tipo de control ni fiscalización municipal nin do propio club". Unhas explicacións que o alcalde non quixo ofrecer no pleno e polas que acabou expulsando ao voceiro Miguel Domínguez.

    Domínguez recordou, ademais, que desde que o club ascendeu de categoría, "non recibiu un só euro do Concello da Cañiza. De non ser polas achegas dos patrocinadores e das aportacións económicas do capital peroal da propia directiva, o club xa estaría desaparecido". 

    Outro dos asuntos que se trataron en pleno foi a a probación da Conta Xeral do ano 2018, que se aprobou na sesión deste xoves. Domínguez recordou que "en outubro de 2021 houbo unha sentenza xudicial contra Luis Piña que anulou e deixou sen efecto o pleno no que se aprobou a conta xeral de 2018, por ser un pleno ilegal". Por iso, para os populares resulta incomprensible que Piña esperase outros seis meses para levar a Conta Xeral de 2018 a pleno, un documento que, recordan, debería terse aprobado en 2019. "Esta falta de xestión e mala praxis costou ao Concello da Cañiza e aos seus veciños centos de miles de euros que se perderon en subvencións, por non ter as contas ao día, e é posible que, polo mesmo motivo, teña que devolver os cartos das axudas que si cobrou de xeito ilegal".

    Por último, o PP lamentou que se aprobe o Regulamento Orgánico Municipal (ROM) sen ter en consideración as alegacións da oposición, pero sobre todo o informe da Secretaría Municipal que indica a "dubidosa legalidade" do documento. Critican a limitación das preguntas e intervencións da oposición en pleno a unha por concelleiro, co que claramente busca bloquear a participación do voceiro Miguel Domínguez e, por outra, que se limite a información vía telemática. "Con esta actitude cobarde e autoritaria, Piña pretende evitar a participación democrática e deixa á vista que nos plenos municipais quere evitar, a toda costa, o debate político co voceiro popular. O que quere é facer un ROM á medida do alcalde".