Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • O PP reclama “altura de miras” e analizar “sen condicionantes políticos” cal é a mellor parcela para o futuro Centro de Saúde de Meis

    • Lamenta que a alcaldesa “xa teña decidido, de xeito unilateral, a ubicación do centro sanitario”.
    • Recordan que a proposta dos populares, para que se constrúa enfronte do actual centro médico da Rochela, foi aprobada polo pleno municipal, cos votos a favor de PP e BNG e a abstención dos socialistas.

     

    Meis, 30 de marzo de 2022.- O Partido Popular reclama ao Goberno local “altura de miras” para decidir cal é a mellor parcela para albergar o futuro Centro de Saúde de Meis. O voceiro José Luis Pérez recorda que “estamos falando dun servicio fundamental e prioritario para a cidadanía, e que non pode estar condicionado por criterios políticos”.

    Así, critica que a alcaldesa rexeita a ubicación que propón o PP “simplemente porque é a nosa proposta, non está valorando si é beneficiosa e boa para a cidadanía, si a localización é cómoda, si encaixa no proxecto de Sanidade e, ademais de todo o anterior, si incluso resulta máis económica para o concello”. Pide que, “antes de empeñar ao concello por caprichos da alcaldesa, expliquen aos veciños con detalle as vantaxes e inconvenientes da súa proposta. É importante xestionar os recursos de forma eficiente e tomar a decisión dun xeito planificado e responsable, máis aínda coa situación económica que estamos vivindo”.

    Os populares propuxeron que a nova infraestrutura sanitaria se constrúa nun solar edificable, enfronte do actual centro médico da Rochela, porque consideran que é a localización máis axeitada para construír o novo edificio, no mesmo lugar que o actual e nun terreo que se adapta ás características que pide o Sergas para esta dotación. Unha localización que foi aprobada polo pleno, cos votos a favor do PP e do BNG, e coa abstención dos socialistas. “Hai un acordo plenario que a alcaldesa quere incumprir porque a idea partiu do Partido Popular, e alega que estaba en conversas moi avanzadas cos propietarios doutro terreo, situado ao lado do campo de fútbol de Mosteiro, pero que está afectado por Patrimonio e Augas de Galicia”.

    Tanto desde o PP como o BNG propuxeron ao Concello de Meis que consultase coa Consellería de Sanidade para que decida sobre cal é a mellor parcela para ubicar o novo centro, atendendo a razóns asistenciais e priorizando o interese da cidadanía, “pero a alcaldesa xa ten decidida a localización sen consultar con ninguén. Esta é a súa forma de facer as cousas e a súa falta de transparencia”, denuncia. Ademais, critica que “non sabemos cal é o prezo final da parcela que propón o Goberno local, pero estamos seguros que a da Rochela é moito máis barata e, polo tanto, en que cantidade quedará empeñado o Concello, ou cales son as vantaxes e inconvenientes de unha e outra parcela”.

    Por último, recordan que desde a Consellería de Sanidade están á espera de que se poña a disposición o terreo para que Meis conte cun novo centro, cunha maior carteira de servizos sanitarios.